RIANXO> O PSOE de Rianxo levará ó Parlamento o recorte das liñas de transporte público no municipio. Os socialistas denuncian que algunhas parroquias verán reducidas as frecuencias non só co resto do concello senón con Santiago.
O PSOE rianxeiro faise eco das demandas veciñais ante a reestruturación do plan de transporte da Xunta de Galicia. Tras examinalo en profundidade denuncian que suporá un recorte das conexións do municipio, especialmente con Santiago.
Ademais de presentar alegacións, levarán a situación ó Parlamento Galego a través do seu grupo.
Demandan tamén ó concello explicacións sobre a posición do executivo local ante estes recortes e agradece o labor das entidades veciñais que foron as primeiras en recoller o malestar dos afectados.











