Alzira inspírase en Pontevedra para avanzar na recuperación do espazo urbano para as persoas

PONTEVEDRA> O modelo de cidade de Pontevedra continúa chamando a atención doutros concellos que están a traballar na recuperación do espazo público para as persoas. Hoxe visitou a capital pontevedresa unha delegación de Alzira, un municipio valenciano de algo máis de 49.000 habitantes.

Alzira inspírase en Pontevedra para avanzar na súa aposta por recuperar o espazo urbano para as persoas.

Unha delegación do municipio valenciano de 49.000 habitantes encabezada polo seu alcalde visitou a cidade. Chegaron onte pola noite. Hoxe mantiveron unha reunión co rexedor pontevedrés e co director xeral de Protección Cidadá, Daniel Macenlle, para afondar no modelo.

Segundo explicou Alfons Domínguez, o que lle chamou máis a atención foi que o modelo pontevedrés non se basea na prohibición; senón nun cambio nas prioridades. Tamén que a xente asuma estes cambios como propios.

A delegación de Alzira visitou Pontevedra aproveitando unha viaxe programada á Coruña para participar no terceiro foro de axenda urbana.