RIBEIRA> Apoio unánime á adhesión da Unidade de Condutas Aditivas de Ribeira á rede autonómica do SERGAS. A corporación municipal aprobaba este mediodía nun pleno extraordinario e urxente o traspaso do servizo que se fará efectivo a partir do 1 de xaneiro.
Tras meses de intensas negociacións, a través da FEGAMP, a UCA de Ribeira, xunto con outras 13 unidades de toda Galicia pasará a depender da Xunta de Galicia. A corporación municipal aprobaba este mediodía o traspaso dos medios persoais e materias da unidade ó SERGAS consolidándose así como un servizo sanitario de pleno dereito.
O acordo saíu adiante por unanimidade posto que tódolos grupos da corporación coincidiron en que se trata dun servizo sanitario cuxa competencias dependen do goberno autonómico.
O voceiro do PBBI destacou tamén o aforro que suporá este traspaso para as arcas municipais que viñan financiando parte do servizo. Tamén nesta liña, o portavoz do BNG aludiu á natureza comarcal do servizo con usuarios de todo o Barbanza polo que non tiña sentido que unha administración local viña asumindo a súa xestión.











