PORTAS> O concello de Portas incorpora un novo vehículo á súa flota. Trátase dun pequeno camión equipado cunha plataforma elevadora, que facilitará intervencións en canelóns, alumeado público ou árbores. O vehículo tivo un custo de 53.000 euros dos que a Xunta achegou 32.000. Os cartos restantes foron achegados polo Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.
Un pequeno camión con plataforma elevadora incorpórase á flota do concello de Portas. O vehículo permitirá ofrecer máis servizos e de xeito máis rápido á veciñanza.
Tamén facilitará a realización de tarefas de mantemento nos tellados de edificios públicos, como pavillóns de deportes e colexios.
O concello mercou este vehículo cunha achega da Xunta de Galicia. Dos 53.000 euros que custou, o goberno autonómico achegou 32.000 a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Os 21.000 euros restantes procederon do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.











