A conselleira de Política Social colabora con AMICOS na recuperación dos fondos mariños

RIBEIRA> A conselleira de Política Social acompañou ós usuarios de AMICOS nunha xornada medioambiental desenvolvida nas inmediacións da Illa de Sálvora. Fabiola García participou na solta de laminarias enmarcadas no proxecto de recuperación dos bosques mariños que ten en marcha a entidade.

A Conselleira de Política Social converteuse nunha axente mediomabiental máis de AMICOS, participando activamente na solta de soportes de laminaria nas inmediacións da Illa de Sálvora. A entidade avanza así no seu proxecto de restauración de fondos mariños que incluirá este ano unha proba piloto.

Fabiola García puxo en valor o traballo que realiza AMICOS que se converteu xa en referente non só pola súa contribución á recuperación medioambiental senón como exemplo de integración e inclusión social das persoas con discapacidade.

Proxectos, todos eles, que poñen de manifesto a estreita colaboración entre a administración pública e AMICOS para seguir avanzando na plena inclusión das persoas con discapacidade.