O BNG cualifica de ‘ano de retrocesos’ o primeiro de Ángel Moldes na...
> Para o BNG de Poio o primeiro ano de goberno do PP de Ángel Moldes foi un ano de retrocesos. Así resumiu a voceira nacionalista, Marga Caldas, a súa valoración. Segundo Caldas, o executivo de Moldes non avanzou en ningún proxecto importante para o municipio.
Un ano de retrocesos. Así resumiu a voceira do BNG de Poio o primeiro ano do PP de Ángel Moldes na alcaldía do municipio.
Caldas pon como principal exemplo desta parálise o freo ao proxecto do novo centro de saúde. A nacionalista asegura que o anterior equipo de goberno deixou os terreos da Canteira de Graña marcados para a súa construción. Un ano despois, asegura que están convertidos nun vertedoiro.
A mellora da seguridade viaria na PO-308 ou o polígono de Fragamoreira son, segundo Caldas, outros dos proxectos da Xunta de Galicia que continúan bloqueados. Tamén criticou o abandono dos espazos públicos.
No eido da xestión económica, a voceira do BNG asegura que Moldes mentiu á veciñanza. Di que o PP non cumpriu a promesa de baixar os impostos e que aprobou novas operacións de crédito, a pesares de asegurar que a débeda do concello era demasiado avultada.
Marga Caldas criticou outros aspectos deste ano de goberno, como os salarios dos concelleiros do PP, a contratación dun novo asesor ou a non renovación do contrato caducado da xestión do lixo coa empresa Valoriza, cos traballadores a piques de comezar unha folga.
O servizo de limpeza viaria de Poio comezará unha folga indefinida o 22...
O servizo de limpeza viaria de Poio convoca unha folga indefinida. O paro comezará o luns 22 de xullo. Foi o persoal da empresa Valoriza Medioambiental, concesionaria do servizo, quen decidiu en asemblea recorrer a esta medida. Denuncian falta de acordo na negociación do convenio colectivo, que non se revisar dende o ano 2019.
A praia de Xiorto súmase á de Cabeceira e tamén loce a súa bandeira...
As praias do concello de Poio xa locen o principal distintivo que acredita a súa calidade. Hoxe izáronse as bandeiras azuis nos dous areais do municipio que acadaron este indicativo: os areais de Xiorto, en Raxó, e de Cabeceira, en Lourido. No caso da praia de Raxó, recupera este distintivo sete anos despois da última vez que o conseguiu.
Xa están operativos os Espazos Concilia de Poio con 600 prazas totalmente gratuítas
Primeira xornada dos Espazos Concilia no concello de Poio. Son tres os que estarán operativos durante os meses de xullo, agosto e setembro no municipio, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. O servizo conta este ano con máis de 600 prazas.
Protestas no IES de Poio para reclamar á Xunta financiamento para o ciclo...
A comunidade educativa do instituto de Poio reclama á Dirección Xeral de Formación Profesional que dote de orzamento o Ciclo Medio de Guía no Medio Natural. Explican que o ciclo precisa do alugueiro de instalacións externas, do traslado dos estudantes e de material que se debe repoñer con certa frecuencia por cuestións de seguridade. Polo que os gastos só deste ciclo ascenden a uns 50.000 euros, mentres que o orzamento total e anual do instituto non supera os 90.000. Hoxe concentráronse ás portas do centro para reclamar unha partida específica para impartir esta formación.
A remodelación da fachada marítima de Raxó encara a súa recta final
A remodelación da fachada marítima de Raxó, en Poio, encara a súa recta final. Esta mañá visitou eses traballos o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que destacou que este tipo de intervencións buscan integrar os espazos portuarios nas vilas.
Poio estende seis días as festas do San Xoán
Seis días de festa no concello de Poio para conmemorar o San Xoán. O goberno local deseñou unha ampla progamación coa colaboración de numerosos colectivos do municipio. As actividades desenvolverase do 22 ao 27 de xuño coa xornada do 23 como día central.
Poio prepara un paquete de medidas para impulsar o emprendemento ao abeiro das variantes...
Poio prepara un paquete de medidas para impulsar o emprendemento ao abeiro das variantes Xacobeas. O concello porá en práctica varias iniciativas que contemplan, por exemplo, a axilización dos trámites, a creación dos Puntos de Información ao Peregrino e ao Emprendedor ou a ampliación da estratexia ‘No Bo Camiño’.
‘Festa, circo e propaganda’: así resume o PSOE de Poio o primeiro ano de...
O Partido Socialista de Poio é contundente ao facer balance do primeiro ano do Partido Popular no goberno con Ángel Moldes como alcalde. A formación considera que foi un tempo perdido para o municipio, e asegura que se limitou a circo, festa e propaganda. Tamén denuncian que o actual executivo é moito máis caro que o anterior, do que eles formaban parte. Hoxe, Gregorio Agís asegurou que, despois deste primeiro ano de marxe ao novo goberno, os socialistas farán unha oposición construtiva pero rigorosa.
O Día de Colón traslada Combarro ao pasado e atrae a milleiros de persoas...
O Día de Colón regresou con forza ao calendario festeiro do concello de Poio. Milleiros de persoas participaron da cita, que encheu de actividade as rúas de Combarro, trasladándoas ao seu pasado medieval.

















