A Unidade de Cabalería da Policía Nacional súmase ao dispositivo antiincendios da Xunta
A Unidade de Cabalería da Policía Nacional xa patrulla os montes de Pontevedra. Dende onte e ata o mes de setembro seis cabalos participan no dispositivo antiincendios posto en marcha pola Xunta de Galicia.
A praia de Xiorto súmase á de Cabeceira e tamén loce a súa bandeira...
As praias do concello de Poio xa locen o principal distintivo que acredita a súa calidade. Hoxe izáronse as bandeiras azuis nos dous areais do municipio que acadaron este indicativo: os areais de Xiorto, en Raxó, e de Cabeceira, en Lourido. No caso da praia de Raxó, recupera este distintivo sete anos despois da última vez que o conseguiu.
Xa están operativos os Espazos Concilia de Poio con 600 prazas totalmente gratuítas
Primeira xornada dos Espazos Concilia no concello de Poio. Son tres os que estarán operativos durante os meses de xullo, agosto e setembro no municipio, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. O servizo conta este ano con máis de 600 prazas.
Luis López cumpre un ano á fronte da Deputación: ‘Foi un ano de municipalismo’
O Partido Popular cumpre un ano á fronte do goberno da Deputación de Pontevedra. Un aniversario que hoxe quixeron celebrar facendo balance. Ante un salón de plenos cheo de alcaldes e representantes de asociacións e entidades, Luis López debullou os resultados das accións de goberno do seu equipo.
A rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra comezará a finais de 2025
As obras de rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra poderían iniciarse a finais do 2025. Así o anunciou hoxe o vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Rafa Domínguez presentou tamén outros dos detalles do proxecto para a consolidación, restauración e interconexión dos dous inmobles, que levan pechados ao público 11 anos. A intención é construír un paso soterrado de 500 metros cadrados que una o Castro Monteagudo e o García Flórez.
As rapazas do Arxil mudan por un día o baloncesto polo Dragon Boat en...
Mañá diferente para as xogadoras do Club de Baloncesto Arxil, de Pontevedra. Hoxe toda a plantilla participou nunha actividade en colaboración coa Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. Saíron navegar nos barcos dragón xunto as Libélulas, o equipo composto por mulleres con cancro de mama. Un xeito de recordar a Maite Méndez, histórica adestradora do Arxil falecida este mes de abril.
Fernández Lores enche o Teatro Principal para celebrar os seus 25 anos como alcalde...
Esta fin de semana culminaron en Pontevedra os actos para celebrar o 25 aniversario de Miguel Anxo Fernández Lores na alcaldía. Foi cunha cita política no Teatro Principal, na que non faltaron moitas das persoas que o acompañaron neste tempo. Tamén asistiu a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.
A Xunta desbloquea por fin a Variante de Alba
A Xunta desbloquea a variante de Alba. A Consellería de Infraestrutura dará o visto bo a este proxecto, que leva reivincidanco o concello de Pontevedra dende hai vinte anos. Para iso, o goberno galego só pon como condición que o Ministerio de Transportes confirme a súa autorización para unir a nova vía coa estrada de Santiago a través dunha glorieta. O proxecto, paralizado polo goberno galego no 2019, retomarase agora co trazado proposto pola Xunta e o deseño do Concello.
Deputación e Concello de Pontevedra desbloquean tres proxectos conxuntos pendentes na cidade
Xuntanza entre a Deputación de Pontevedra e o concello capitalino para desbloquear proxectos conxuntos que están pendentes. Trátanse das obras de rehabilitación interior da Casa Consistorial, do proxecto de acondicionamento da parcela sobre a vía do tren na rúa 12 de novembro e do novo viario de interconexión entre a rúa Rosalía de Castro e a avenida de Marín, en Mollabao.
A Liga Nacional de Clubes de Tríatlon decídese esta fin de semana en Pontevedra
1.700 deportistas daranse cita esta fin de semana en Pontevedra nos campionatos de España de Tríatlon por Clubes e por Relevos Mixtos. O evento supón tamén o punto e final á Liga Nacional de Clubes de Tríatlon, polo que será en Pontevedra onde se decida a competición deste ano e onde se van xogar os ascensos e descensos.

















