O PSOE de Poio, decepcionado con Moldes, di que o seu é un goberno...
Os socialistas de Poio cualifican de decepcionantes os dous primeiros anos do popular Ángel Moldes na alcaldía do municipio. Din que o seu é un goberno de falsidades, fotos e fume. Aseguran que as mentiras, as faltas de rigor e as altas expectativas xeradas fan que boa parte da veciñanza se sinta defraudada. Coa vista posta nas eleccións municipais de 2027, os socialistas preséntanse xa como alternativa fronte unha xestión, din, desastrosa.
Poio rende homenaxe a Cristóbal Colón
O municipio viviu dous días de intensa festa, arredor da teoría da procedencia galega do navegante. A chegada da Nao Santamaría a Combarro marcou o inicio destes festexos, cunha programación variada para toda a familia. O Día de Colón supón tamén un importante retorno económico, con moitos restaurantes de Combarro e do resto do concello colgando durante esta fin de semana o cartel de 'completo'.
A Deputación financiará o 100% dun proxecto de mellora da imaxe e da mobilidade...
O concello de Poio recibirá máis de 720.000 euros da Deputación de Pontevedra para mellorar a imaxe e a mobilidade na parroquia de Combarro. A achega permitirá financiar o 100% do proxecto, que se desenvolverá entre os núcleos de Casalvito e O Padrón. Da contía total, 180.000 euros proceden do +Provincia. Os fondos restantes, case 550.000 proveñen dunha achega enmarcada no Plan Extra asinada esta mañá.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.
A Casa de Combarro converterase nun centro de información turística trala súa rehabilitación integral
A Casa de Combarro, antiga sede do Ateneo Corredoira, converterase nun centro de información turística. Despois da Semana Santa comezarán as obras de rehabilitación integral para adaptar o espazo a este novo uso. Estarán financiadas pola Deputación de Pontevedra, que reali zará un investimento de 240.000 euros.
Touceda asume o mando da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra
A Garda Civil conta dende hoxe cun novo coronel xefe na Comandancia de Pontevedra. Manuel Touceda asumiu esta mañá o cargo nun acto presidido polo delegado do Goberno en Galicia. Pedro Blanco expresou a túa 'total confianza' na súa incorporación, augurando excelentes resultados para a seguridade da provincia de Pontevedra. O delegado apuntou que Touceda representa a modernidade e adaptación da Benemérita ás novas necesidades da sociedade.
Poio inaugura a súa propia Unidade de Atención Temperá para apoiar ás familias que...
Poio xa ten en marcha a primeira Unidade de Atención Temperá de municipio. Trátase dun servizo gratuíto localizado na Casa Rosada e que busca previr e actuar ante problemas de desenvolvemento en menores de seis anos. Xestionado por Cogami, conta cunha psicóloga, unha logopeda e unha fisioterapeuta pediátrica. O xoves celebrarase unha xornada de portas abertas para informar á veciñanza deste novo equipamento.
A Policía Local de Poio acusa ao goberno de acoso e trato discriminatorio e...
A Policía Local de Poio está en pé de guerra contra o goberno local. Denuncian que levan dende o mes de maio sen cobrar as horas extra e cren que se trata dunha medida de presión do alcalde, Ángel Moldes, despois de que se negaran a cubrir eventos nocturnos pola falta de axentes. Aseguran que polo tamaño do concello o cadro de persoal do corpo debería contar con 23 policías pero que a día de hoxe só son 7. Acusan ao goberno local de acoso e discriminación e non desbotan recorrer aos tribunais.
As obras de humanización da PO-308 arrancarán en Poio no mes de setembro
Acordo entre a Xunta de Galicia e o concello de Poio para levar adiante a humanización da PO308. O convenio asinado hoxe contempla unha primeira fase da actuación, que afectará ao treito comprendido entre a rotonda da ponte da Barca e o Casal de Ferreirós. A obra, que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, iniciarase no mes de setembro. O acordo contempla tamén o traspaso da estrada, que pasará a ser de titularidade municipal.
A presión veciñal pon fin á ‘okupación’ dunha vivenda en Combarro
A presión veciñal remata coa okupación dunha vivenda en Combarro, no concello de Poio. O pasado venres, dúas persoas entraran pola forza na casa, actualmente deshabitada e propiedade do Sareb.

















