Pontevedra e os Feroz: un idilio que continuará con novas vías de colaboración

Obxectivo cumprido. Pontevedra pecha a súa etapa de dous anos como sede dos Premios Feroz cun balance máis que satisfactorio. Non só para o concello, tamén para a Asociación de Informadores Cinematográficos de España, os organizadores do certame, que destacan que a integración entre os premios e a cidade foi plena. Facendo desta a edición máis completa da historia dos Feroz. Aínda que a vindeira gala non se celebrará en Pontevedra, dende a AICE explican que o obxectivo é manter os lazos coa cidade, explorando novas vías de colaboración.

Milleiros de pontevedreses achegáronse ao Recinto Feiral para vivir o ambiente dos Feroz

A implicación da cidade en toda a programación Feroz foi alto que destacaron tanto dende o concello como dende a Asociación de Informadores Cinematográficos de España. E a xornada da gala non foi unha excepción. Milleiros de persoas achegáronse ao Recinto Feiral para ver aos seus ídolos na alfombra vermella. Tamén encheron o Pazo da Cultura para seguir o evento en directo.

‘Pido que os Feroz se fagan sempre en Pontevedra’

Os asistentes á gala gozaron do seu paso por Pontevedra. Pero tamén os organizadores e, por suposto, os anfitrións. Dende a Asociación de Informadores Cinematográficos de España e dende o concello pontevedrés, destacaron a boa sintonía durante todos os preparativos e agradeceron a implicación da cidade. Mesmo algúns dos actores e actrices que acudiron á cita amosáronse partidarios a que Pontevedra repita como sede.

Pontevedra despídese dos Premios Feroz conquistando aos asistentes á gala

Pontevedra despediuse do seu papel como anfitrioa dos Premios Feroz e fíxoo por todo o alto. Por segundo e último ano, a cidade entregouse para facer da gala unha experiencia inesquecible para centos de rostros recoñecidos por todos que se pasearon pola alfombra vermella. A capital pontevedresa conquistou corazóns cos seus encantos, as súas xentes e, por suposto, co mellor da súa gastronomía.

Os Premios Feroz elevan ata o 95% a ocupación dos hoteis de Pontevedra

Os hoteis pontevedreses roldan esta fin de semana o 95% de ocupación. Os Premios Feroz tamén teñen impacto neste sector, máis que satisfeito coa pegada desta cita na cidade. E confirman a importancia destes eventos para desestacionalizar o turismo. A asociación de hoteleiros da cidade asegura que probas deportivas, congresos e eventos de todo tipo, sumados ao Camiño de Santiago, fan que para o sector hoteleiro pontevedrés non exista a tempada baixa.

A provincia de Pontevedra convértese na meta do turismo deportivo en Fitur

A Deputación de Pontevedra centra no deporte a campaña que levou este ano a Fitur. 'A túa meta, o teu destino' presentouse en Madrid como un convite para "desconectar, conectar e reconectar" da rutina, descubrindo as Rías Baixas a través do deporte. O presidente provincial estivo acompañado durante o acto do xefe do executivo galego.

Pontevedra fai dos Feroz unha ‘aula aberta’ para máis de 80 alumnos da cidade

Pontevedra aposta por converter os Premios Feroz nunha aula aberta para o estudantado e o voluntariado da cidade. Máis de 80 alumnas e alumnos da Universidade de Vigo, o Centro Integrado de FP Carlos Oroza e da Aula Municipal de Teatro intégranse na organización da cita. A eles súmase o Coro do Instituto da Xunqueira I, que actuará na gala deste sábado.

Paco y Lola, Krack e El Nogal, tres empresas pontevedresas que estarán na gala...

Tres empresas pontevedresas brillarán con luz propia na gala dos Premios Feroz. Paco y Lola, Krack e El Nogal estarán presentes nesta importante cita con diferentes accións para darse a coñecer entre os asistentes. Hoxe representantes destas marcas foron recibidas polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

‘Baixo o ceo das Rías Baixas’, o novo produto turístico da Deputación que nace...

A Deputación de Pontevedra aposta por converter o ceo das Rías Baixas nun produto turístico. Co obxectivo de posicionar a provincia como un destino de referencia en astroturismo, veñen de lanzar Baixo o ceo das Rías Baixas. Unha iniciativa inspirada polas tres elipses solares que se poderán observar dende Pontevedra nos anos 2026, 2027 e 2028 pero que nace con vocación de continuidade.v

A Deputación de Pontevedra aposta polo turismo deportivo na súa campaña para 2026

Pontevedra como provincia do deporte é a imaxe que este ano protagonizará a campaña de promoción turística da Deputación. Hoxe a administración provincial presentou a proposta para este 2026 que será a que leve á Feira Internacional de Turismo de Madrid, ‘A túa meta, o teu destino’. Nela saca peito do potencial deportivo da provincia, tanto do seu sector como do seu territorio.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete