A AECC reivindica a humanización da atención sanitaria no Día Mundial contra o Cancro...
‘Tomámolo a peito’ é o lema co que hoxe, Día Mundial contra o cancro de Mama, saíu á rúa a Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra. Esta mañá instalaron unha mesa na Praza de España para informar, sensibilizar e visibilizar a realidade da enfermidade e das persoas que a padecen. Non en van, o cancro de mama é o que presenta unha maior incidencia en Galicia entre as mulleres.
Acordo unánime en Pontevedra para atopar unha solución urxente á falta de auga potable...
Unanimidade no pleno municipal de Pontevedra para buscar unha solución ao problema de abastecemento de auga potable no colexio de Xeve. PP, BNG e PSOE apoiaron a moción levada á sesión polos socialistas, reclamando ao concello a toma de medidas urxentes para rematar cunha situación que se prolonga xa 15 meses. O debate foi seguido dende o público por un grupo de representantes da comunidade educativa do centro.
O presidente da Deputación insiste no ‘compromiso’ con Pasarón e acusa ao concello de...
Dende a Deputación de Pontevedra, o presidente pronunciouse sobre este anuncio. Luis López acusou ao concello de ir a rebufo dos anuncios realizados polo vicepresidente Rafa Domínguez no que ao estadio de Pasarón se refire. Recordou que a Deputación leva a este pleno unha modificación de crédito de máis de 800.000 euros para participar no financiamento destes traballos de reforma. Tamén insistiu en que se trata dun estadio de titularidade municipal.
Acordo entre BNG e PSOE para consignar os recursos que sexan necesarios para a...
O concello de Pontevedra comprométese a achegar os recursos que sexan necesarios para executar a reforma estrutural do estadio de Pasarón. BNG e PSOE compareceron hoxe xuntos para anunciar que colaborarán para aprobar esta achega aínda por determinar, que se consignará nos orzamentos do 2027. Polo de momento, o goberno local está a traballar nos pregos para sacar a licitación a realización do proxecto. Dende o executivo non se atreven a dar prazos e advirten: a obra será lenta cara e dolorosa.
Os xardíns de Santa Clara abrirán ao público no 2027 despois dunha recuperación paisaxística
Os xardíns de Santa Clara abrirán á cidadanía no 2027. É a data anunciada hoxe polo vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Segundo Rafa Domínguez, proximamente porase en marcha un proxecto de recuperación paisaxística e acondicionamento funcional, dotado cun orzamento de máis de 820.000 euros. O prazo de execución será de catro meses pero a apertura tardará ao redor de 8 ou 10 meses.
A vacinación dos escolares arranca nos colexios do programa piloto, entre eles a Xunqueira...
A campaña de vacinación da gripe xa está en marcha nos centros escolares. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés son nove os que están a participar neste programa piloto. Un deles, o CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra. Comezaron esta mañá, vacinando ao alumnado de 3 a 11 anos na biblioteca do centro e sen picadas.
A Universidade de Vigo instalarase no CIC Maruxa Mallo
A Universidade de Vigo desembarcará no Edificio Maruxa Mallo. A entidade e o concello de Pontevedra acordaron que o grupo de investigación dirixido por Mario Pansera ocupará o terceiro andar do inmoble. Un acordo inicial que as dúas partes están dispostas a ampliar. Sobre a mesa está a posible implantación definitiva do proxecto de especialización do Campus Crea neste espazo.
Pontevedra cuestiona a planificación das obras do nó de bombeiros, que se retomaron esta...
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu esta mañá a reunión anunciada para analizar e coordinar o plan de tráfico que se porá en marcha con motivo da reanudación das obras do nó de bombeiros. Para Abel Losada, o encontro serviu para engraxar a colaboración entre as partes implicadas, entre elas os concellos de Poio e Pontevedra. Pero ao seu remate, o alcalde capitalino Miguel Anxo Fernández Lores cuestionou a planificación das obras. Dixo que saíu do encontro máis preocupado do que entrara.
O PSOE defenderá no pleno de Pontevedra a creación dunha bolsa municipal de vivendas...
O Partido Socialista levará o problema da vivenda ao vindeiro pleno municipal de Pontevedra. A formación presentará unha moción con dúas propostas principais: dunha banda, a creación dunha bolsa municipal de vivendas en alugueiro; da outra, aplicación de incentivos fiscais para introducir pisos baleiros no mercado. Medidas de choque, dixo Iván Puentes, para atacar un problema que preocupa, e moito, a cidadanía.
Pontevedra impulsa ConCoidado, un programa formativo e para tecer redes entre as persoas coidadoras
Pontevedra aposta por coidar dos que coidan. E faino coa primeira edición do programa ConCoidado, unha proposta que nace da iniciativa de tres profesionais de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Son catro sesións semanais que se desenvolverán durante o mes de novembro, pensadas para mellorar os coñecementos e a vida das persoas coidadoras e axudalas a tecer redes de apoio entre elas.

















