A actriz Susana Sampedro, profeta na súa terra

O concello de Ribeira brindou unha recepción á actriz Susana Sampedro. A intérprete ribeirense vén de gañar o Mestre Mateo como mellor actriz de reparto polo seu papel de Carme na longamentraxe Matria.

Augas de Galicia executa traballos de limpeza e conservación no río de Artes

A Conselleira de Medio Ambiente desprazouse esta mañá ata Ribeira para supervisar os traballos de mantemento que está a executar Augas de Galicia no río Arlés. Ademais da retirada de árbores caídas nas canle fluvial os operarios traballan na limpeza das marxes e eliminación de especies invasoras.

A mesa local contra a violencia de xénero analiza o incremento de casos en...

Ribeira celebraba esta mañá a reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero. Ademais de responsables de distintos departamentos municipais e dos corpos de seguridade, participou no encontro o Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.

O Siradella proclámase campión da XXIV Regata Ramiro Carregal-Gran Trofeo Faro de Corrubedo

O Siradella do Naútico de Portosín fíxose con triunfo na Regata Ramiro Carregal – Gran Trofeo de Faro de Corrubedo. Logrou impoñerse nas dúas xornadas de competición nas que se disputou unha proba costeira e un barlovento-sotavento.

O presunto asasino de Andrea Yturry participa na reconstrución do crime

Esta mañá tivo lugar en Palmeira a reconstrución do asasinato de Andrea Yturry, O presunto autor, Juhl Príncipe Casahuaman, participou na recreación dos feitos acontecidos o pasado 9 de marzo cando acabou coa vida da súa exparella. En paralelo, celebrouse nas inmediacións unha concentración en repulsa da violencia machista a iniciativa de Mulleres en Acción.

O PP denuncia que a maleza fai practicamente intransitable o Paseo do Río Morto

O PP da Pobra denuncia a falla de mantemento no paseo do Río Morto. A proliferación da vexetación, especialmente en áreas como o parque biosaudable, fai practicamente imposible ó seu uso polo que reclaman ó goberno local que tome medidas.

Ribeira apoia o fútbol feminino con bolsas deportivas ás súas principais referentes

O concello de Ribeira reafirma a súa aposta co deporte feminino a través da entrega de bolsas deportivas a catro futbolistas do municipio. Uxía Sampedro, Lucía Mariño, Yaiza García e Laura Santos viron recoñecidos os seus éxitos a través desta recepción brindada polo concello.

14 marcas presentan as últimas novidades na Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de...

Catorce marcas de automoción presentarán as súas novidades na V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira. O salón abría as súas portas esta mañá coa presenza de numerosas autoridades que destacaron a importancia desta feira única en toda a comarca.

Centos de barcos da ría de Arousa únense ao Artic Sunrise na súa loita...

VILAGARCÍA> Centos de embarcacións arroupan ao Artic Sunrise de Greenpeace na súa chegada á ría de Arousa. Trátase dunha mobilización histórica coa que ecoloxistas...

Noia acolle esta fin de semana o Campionato de España de Clubes de Fútbol...

Noia acollerá esta fin de semana o Campionato de España de Clubes de Fútbol Sala Sub 14. Daranse cita catro equipos nacionais co Galicia Gaiteira como representante galego. Medirase cos xogadores do Móstoles, Zaragoza e Barcelona.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete