Todo preparado en Barraña para recibir ás lendas do Real Madrid

Todo preparado en Barraña para poder acoller mañá sábado o partido amigable que enfrontará a unha selección de amigos do Club Deportivo Boiro, contra os veteranos do Real Madrid. O histórico encontro servirá ademais de homenaxe á memoria de Jesús Alonso, fundador de Jealsa, pola súa contribución ó fomento do deporte na localidade, e en especial do fútbol.

A Pobra acollerá o 15 de setembro o Campionato Galego de Remo de Mar

Esta mañá presentábase na Pobra o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar. unha proba que terá lugar o vindeiro domingo 14 de setembro baixo a organización do Club de Remo Puebla e a Federación Galega de Remo. Estará aberto a tódalas categorías, dende alevín a veteranos, e nela prevese unha participación duns 150 remeiros procedentes de clubs de toda Galicia.

Uns cen regatistas tomarán parte na XIX Regata Gadis

Esta fin de semana vai ter lugar a 19 edición da Regata Gadis. Organizada polo Club Náutico e Deportivo de Ribeira, a proba, centrada nas últimas edicións na promoción da vela entre os máis cativos, reunirá a un cento de regatistas das clases Optimist e ILCA 4.

O Palma Futsal medirase ó Noia no VIII Trofeo Noia Portus Apostoli

Esta mañá presentábase en Noia a oitava edición do Trofeo Portus Apostoli. O torneo, que terá lugar este vindeiro venres a partir das oito da tarde no pavillón municipal Agustín Mourís, enfrontará ó equipo local, o Noia Fútbol Sala e o Palma Futsal.

Completadas as 300 prazas da Andaina 50K Concello de Ribeira

Ribeira acollerá o domingo 7 de setembro a 21 edición da Andaina 50 K, enmarcada na Liga Galega de Sendeirismo. Na proba, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Veciños de Carreira, prevese unha participación dunhas 300 persoas.

O concello de Boiro foi escenario esta mañá da presentación da edición número 29 da Regata Cenor. A proba, organizada polo Club Náutico de Portonovo en colaboración co Club Náutico de Barraña, desenvolverase esta vindeira fin de semana e nela prevese unha participación de máis dunha vintena de embarcacións.

Presentan en Noia unha nova edición do Torneo de Baloncesto 3×3

Noia prepárase para acoller unha das citas deportivas máis destacadas do verán, o Torneo de Baloncesto 3x3 que organiza o CB Noia. a cita presentada esta mañá no Concello, desenvolverase a fin de semana do 16 e 17 de agosto. Agárdase unha alta participación, con máis de 50 equipos de categorías U-12, U16, Senior e veteranos.

A alameda de Noia acolle o I Torneo de Pickleball

NOIA> Esta mañá presentábase a primeira edición do Torneo de Pickleball Concellode Noia. A actividade, organizada pola concellería de Deportes, en colaboración coa Federación Galega de...

Presentan en Noia o III Descenso a Nado Río Tambre

NOIA> O concello de Noia acolleu o acto de presentación dunha nova edición do Descenso a Nado Río Tambre. A proba terá lugar o sábado  9...

A alameda noiesa será escenario este sábado da I Feira do Deporte

Noia celebrará este sábado 26 de xullo a primeira edición da Feira do Deporte. Desenvolverase na Alameda, dende as dez da mañá ás dúas e media da tarde. Haberá stánds de clubs e entidades deportivas locais para dar a coñecer as actividades que realizan.

REDES SOCIAIS

40,719FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete