A Deputación da Coruña entregou en Padrón os Premios PEL 2025
A Deputación da Coruña entregou en Padrón os Premios PEL 2025
Rueda recoñece na toma de posesión da nova conselleira do Mar que coñecía a...
Marta Villaverde xa é a nova conselleira do Mar. A ata o de agora directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta substitúe no cargo a Alfonso Villares. Tanto a nova conselleira como o presidente da Xunta desexáronlle ao exconselleiro que se faga xustiza 'canto antes' para poder recuperalo para a vida pública. Alfonso Rueda, por certo, desvelou hoxe que era coñecer da denuncia de agresión sexual contra o exconselleiro dende o pasado mes de febreiro.
Récord de candidaturas presentadas á sétima edición dos Premios PEL
Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación, con un total de 127 candidaturas presentadas. Repartiranse uns 75 mil euros en premios, valorando aqueles proxectos destacados polo seu talento emprendedor, a traxectoria empresarial e a innovación sostible. O gala de entrega dos Premios PEL terá lugar o vindeiro 20 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo, en Padrón.
Dimite o conselleiro do Mar tras unha denuncia por agresión sexual
Alfonso Villares dimite como Conselleiro do Mar tras unha denuncia por agresión sexual. Villares anunciou esta tarde a súa renuncia, ao coñecer que está a ser investigado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un presunto delito de agresión sexual. Na súa comparecencia, o xa exconselleiro insistiu en que os feitos afectan exclusivamente á súa esfera estritamente persoal. Pouco despois de que Alfonso Villares anunciara a súa dimisión, o presidente da Xunta Alfonso Rueda nomeaba a Marta Villaverde Acuña como nova conselleira do Mar. Ata o de agora, Villaverde era directora xeral de desenvolvemento pesqueiro. Está previsto que tome posesión mañá ás 9 e media da mañá no Pazo de Raxoi.
Efectivos de seguridade marítima poñen a proba os seus protocolos nun simulacro no porto...
A seguridade marítima púxose a proba esta fin de semana no porto de Laxe, na Coruña. A dársena acolleu o despregamento dun espectacular operativo, no que efectivos da Armada e de Gardacostas se enfrontaron á recreación de situacións como a pesca ilegal, verteduras de combustible e evacuación de feridos graves. A proba enmarcouse no MARSEC-25, impulsado pola Armada e a Secretaría Xeral de Pesca, en colaboración coa Xunta, Portos de Galicia e a Real Liga Naval Española, entre outros.
A Coruña presume xa do maior plató virtual de España
O Coruña Estudio Inmersivo (CEI), impulsado pola Deputación da Coruña foi posible grazas aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno Central cun investimento total de 9 millóns de euros. O espazo foi inaugurado esta mañá polo ministro de Transformación Dixital, Óscar López, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
A Deputación de Pontevedra convida a ‘volver’ ás Rías Baixas para descubrir o interior...
A Deputación de Pontevedra descubriu en Fitur unha campaña que cualificaron de 'rompedora'. Por primeira vez, o interior da provincia foi o protagonista, sen ningunha alusión á costa. Dende o organismo que preside Luis López cren que esta estratexia de Rías Baixas permite ao visitante descubrir unha parte descoñecida da provincia. Defenden que a acción turística ten que chegar aos 61 concellos.
A Xunta presenta en Fitur unha Galicia acolledora coa natureza como gran protagonista
A Xunta aposta por presentar a nosa comunidade como un destino acolledor, auténtico e con proxección internacional. Ademais dos recursos naturais, outro dos recursos dos que quere presumir Galicia este ano é do seu clima privilexiado.
O concurso austríaco ‘Goldene note’ chega a Galicia da man do Concello de Valga
Os gañadores do concurso austríaco 'Goldene note' actuarán en Santiago grazas ao concello de Valga e ao Centro Superior de Música. Será no mes de febreiro e toda a veciñanza do municipio poderá asistir como público de balde. Este concurso é todo un fenómeno televisivo en Austria.
Aberto ao tráfico o treito da A-57 entre A Ermida e Vilaboa
Xa se poden percorrer os primeiros seis quilómetros da autovía A-57.Trátase do primeiro treito que entra en servizo, entre o lugar da Ermida, na parroquia pontevedresa de Marcón, e o concello de Vilaboa. O delegado do goberno en Galicia encabezou a comitiva que inaugurou esta mañá esa infraestrutura. Pedro Blanco indicou que ante o rexeitamento da veciñanza da zona, hai varias opcións enriba da mesa para a construción do segundo treito entre A Ermida e Pilarteiros.

















