Un muradán entre os investigados no marco da operación Armurart

A Garda Civil investigou a un muradán no marco da operación Amurart. Ó parecer está relacionado coa banda criminal dedicada ó recrutamento de mulas económicas para estafas a través da internet. O operativo saldouse coa detención na Coruña dun total de tres persoas.

A calidade das augas e dos recursos marisqueiros de Galicia, a exame no Intecmar

Coñecer de xeito inmediato a calidade das augas das nosas rías e controlar os produtos do mar. Son dous dos obxectivos do Intecmar, o Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia. Ata as súas instalacións en Vilaxoán chegan a diario ducias de mostras de todo tipo, de auga ou de recursos marisqueiros, para seren analizados. Para iso o Intecmar conta cunha ampla rede de captación de mostraxes, a través de barcos ou coa colaboración das diferentes confrarías de pescadores.

A vendima de 2024 impulsa a aposta de Lagar de Fornelos polos viños de...

As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas están a aproveitar estes meses de certa tranquilidade no campo para facer balance. A vendima deixou bo sabor de boca. Dos 42 millóns de quilos de uva vendimados, case 4 recollerónse na subzona do Rosal. Foron menos que no 2023 pero a calidade da uva mantén as expectativas moi elevadas. Algo que fai que adegas como Lagar de Fornelos, no concello do Rosal, reforcen a súa aposta polos viños de garda.

A Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos

Nos últimos catro anos a Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos, o que coñecemos popularmente como feismo. Son achegas tanto para concellos como para particulares, que conseguiron mobilizar un investimento global de arredor de 14 millóns de euros. Estas achegas teñen cada vez máis demanda. Dende 2021 xa chegaron a máis do 90% dos concellos galegos.

A Xunta mercará 143 vivendas de promoción pública para destinalas ao alugueiro

A Xunta de Galicia avanza no seu compromiso de duplicar o parque público residencial nesta lexislatura. Entre as medidas, o goberno autonómico mercará 143 vivendas de promoción pública que actualmente están á venda para destinalas ao alugueiro. Delas, seis están na provincia da Coruña; 13, na de Pontevedra. Investiranse 8 millóns de euros.

O PP tumba no Parlamento a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e...

O Parlamento Galego bota abaixo a iniciativa lexislativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras. A proposta debateuse esta mañá en Santiago. Pero o Partido Popular impediu que se admitise a trámite, votando en contra. Si apoiaron o texto o BNG e o PSdeG.

As empresas xa poden solicitar solo industrial gratuíto durante os oito primeiros anos

As empresas xa poden ter solo empresarial gratuíto durante os oito primeiros anos. Será en réxime de dereito de superficie. Trátase dunha medida pioneira impulsada dende a Xunta que permitirá ao tecido empresarial galego acceder a máis de medio millón de metros cadrados situados nunha vintena de áreas industriais galegas. Para poder optar a esta iniciativa, o solo terá que ser propiedade de Xestur.

A produción certificada galega ascende un 4,6%, ata máis dos 660 millóns

A produción agroalimentaria de calidade certificada galega ascende a máis de 660 millóns de euros. Trátase dun incremento dun 4,6% respecto ao ano 2023. O sector vitivinícola e o cárnico constitúen o 73% do valor total das produción agroalimentarias.

A Xunta investiu máis de 278 millóns de euros en case 2.700 actuacións...

Máis de 278 millóns de euros investidos en obras en centros educativos de Galicia. É o balance que a Xunta fai da execución do seu Plan de nova arquitectura pedagóxica no período 2021-2024. Foron case 2.700 actuacións de rehabilitación e mellora de diferentes colexios e institutos.

A Xunta vai reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos

A Xunta vai reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos. Será xa a partir deste curso que acaba de arrancar, no marco do novo plan MEGA de mellora educativa. Unha estratexia que busca incrementar o nivel das competencias clave do alumnado e personalizar o apoio educativo. Este novo plan está dotado con 77 millóns de euros para os vindeiros catro aons e beneficiará a 400 centros.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete