Aprobados os orzamentos da Pobra a pesar do voto en contra do PP

A corporación pobrense aprobou esta mañá os orzamentos para o presente exercicio. As contas ascenden a preto de 11 millóns de euros, millón e medio máis ca o pasado ano. O PP votou en contra cualificando a proposta de irreal e irresponsable.

Os praceiros de Ribeira alíanse coa asociación de empresarios para dinamizar o tecido económico...

A asociación de empresarios de Ribeira e os comerciantes da praza de abastos veñen de iniciar unha colaboración. Unha ducia de postos pasarán a formar parte da patronal como asociados.

A Deputación da Coruña entrega os premios dos seus certames culturais

BARBANZA> Un ano máis o Teatro Colón acollía a última hora da tarde de onte a Gala da Cultura da Deputación da Coruña. O evento, no...

O 25% do alumnado boirense de entre 7 e 8 anos presenta deficiencias na visión

O concello de Boiro presentou esta mañá os resultados do cribado visual desenvolvido nos centros de primaria do municipio no marco do proxecto EnClave. Un 25 por cento do alumnado de entre 7 e 8 anos presenta deficiencias  na visión.

Sumar levará ó Congreso os vertidos da Ribeiriña

Sumar levará ó Congreso a problemática dos vertidos da Ribeiriña na Pobra. Ademais de presentar unha pregunta sobre as medidas previstas por Medio Ambiente para acabar coas filtracións solicitarán tamén unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Medio Ambiente para abordar o futuro da antiga nave de Hadasa.

Os traballadores do Hospital do Barbanza gardan un minuto de silencio trala morte dun...

Un accidente laboral acontecido a pasada tarde no Hospital do Barbanza saldouse coa morte dun traballador. O operario resultou electrocutado cando traballaba na instalación do sistema de climatización en quirófano. O persoal da centro gardou esta mañá un minuto de silencio na súa memoria.

A confraría de Rianxo solicita o uso do punto de control como batea de...

A confraría de Rianxo volverá a reclamarlle a Mar o uso do punto de control de marisco como batea de preengorde para a cría da ameixa. A pesar de terllo solicitado en varias ocasións, sempre recibiron a negativa coma resposta.

Diego Calvo destaca en Actemsa o potencial da industria galega de transformación pesqueira

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou esta mañá as instalacións de Actemsa no polígono da Tomada, na Pobra do Caramiñal.

A Pobra saldará unha débeda histórica con Manuel Hermo

O concello da Pobra renderá homenaxe a Manuel Hermo, alcalde en funcións durante o golpe de estado que foi fusilado en 1937. A súa fotografía sumarase ós retratos dos rexedores que penden das paredes do salón de plenos nun merecido acto de reparación e xustiza.

En marcha a pavimentación do vial dos Muíños en Oleiros

Ribeira continúa coa súa política de pavimentacións e mellora de viais polas diferentes parroquias. Neste caso a actuación a desenvolver está a executarse en Oleiros, no núcleo de Os Muíños. Os traballos, cun orzamento de preto dos 70 mil euros, consisten no asfaltado do vial principal de algo máis de medio quilómetro de lonxitude.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete