O PP de Boiro denuncia o desmantelamento do parque do estuario do río Coroño
O PP de Boiro denuncia o desmantelamento do parque do estuario do Río Coroño ante a retirada dos elementos que se atopan en mal estado. Os populares responsabilizan ó executivo do deterioro pola falla de mantemento. Dende o concello aclararon que existe un proxecto para a renovación integral do parque.
M. Ángel Iglesias: ‘O marisqueo está en caída libre’
O patrón maior de Rianxo volve a mandar unha nova mensaxe de SOS para o sector, denunciando unha vez máis a baixa produtividade da Ría. A apertura da campaña marisqueira nas súas concesións non está a dar as expectativas agardadas. Apenas dez embarcacións están a saír estes días a traballar e a escaseza de recurso é a tónica xeral das primeiras xornadas.
A Pobra delegará o cobro de impostos na Deputación
A Pobra delegara o cobro dos impostos directos e multas de tráfico na Deputación da Coruña para a mellora da tesourería acumulada . Aínda así, a administración local seguirá asumindo a xestión do imposto do lixo.
O concello de Ribeira destina máis de 300 mil euros á renovación integral do...
O concello de Ribeira investirá máis de 300 mil euros na mellora do parque periurbano de San Roque. Ademais da reforma do centro de interpretación e renovación de contidos, o proxecto inclúe a actuacións en materia de accesibilidade e dotación de alumeado.
A Pobra reclama unha solución urxente para os vertidos da Ribeiriña
O alcalde da Pobra compareceu esta mañá diante dos medios para mostrar a súa preocupación pola deriva dos vertidos da Ribeiriña. O rexedor pídelle ás Administracións con competencias neste asunto, tanto á Xunta como ó Goberno Central, que dean dunha vez solución a este grave problema medioambiental, xa que, segundo el, o Concello non ten capacidade para facelo.
Rianxo e Ribeira sedes da IV Challenge Volta ao Barbanza ‘A Orixe’
Esta fin de semana disputarase tamén unha nova edición da Challenge Volta ó Barbanza ‘A Orixe’. A cita deportiva, dividida en dúas etapas, Rianxo e Ribeira, reunirá a 120 ciclistas dun total de 18 equipos. A proba está organizada polo Club Ciclista Barbanza e a Federación Galega de Ciclismo, e conta co patrocinio da mancomunidade Barbanza Arousa.
A Semana Santa de Ribeira aunará devoción, cultura e compromiso social
Ribeira vivirá unha Semana Santa cargada de relixiosidade e compromiso social. Ademais dos actos litúrxicos desenvolveranse accións de voluntariado e actividades para os mozos nas distintas parroquias.
A Xunta aposta pola formación e o emprego a través de obradoiros como o...
A delegada territorial da Xunta na provincia desprazouse esta mañá ata o parque de San Roque para coñecer os traballos que están a desenvolver os alumnos do Tahume X. Trátase dun obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Ribeira e Porto do Son no que participan 20 alumnos.
600 remeiros daranse cita no Campionato Provincial de Bateis na Pobra
O Club de Remo Pobra celebra o seu segundo Campionato Provincial de Bateis. A cita terá lugar esta vindeira fin de semana, o sábado 12 e domingo 13 de abril no porto da localidade. Na pobra participarán 600 remeiros chegados de 12 clubs da provincia da Coruña.
Vegalsa-Eroski doa cinco mil euros a AMICOS procedentes dos programas de reciclaxe
A cadea Vegalsa-Eroski entregou esta mañá un cheque á asociación Amicos por valor duns 5 mil euros. Os fondos, recadados a través de programas de reciclaxe, serán destinados a reforzar os proxectos medioambientais da entidade así como a impulsar a mellora das oportunidades de emprego das persoas con discapacidade intelectual.


















