A Pobra acolle esta fin de semana dúas probas da Liga Galega de Bateis

Os afeccionados ó remo teñen esta fin de semana dúas citas na Pobra. O sábado disputarase a sexta bandeira de bateis do concello que forma parte da liga galega. O domingo terá lugar a final de finais na que participarán equipos de toda a comunidade.

Ribeira avanza nas políticas de accesibilidade coa pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño

O executivo ribeirense avanza na mellora da accesibilidade con obras en diversas parroquias. En Aguiño, estase a acometer a pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño que inclúe ademais medidas de calmado de tráfico para incrementar a seguridade viaria.

O Pazo de Goiáns acolle este sábado o XV Festival de Bandas

O Pazo de Goiáns acolle este sábado o decimo quinto Festival de bandas de música. Contará con máis dun cento de músicos en escena, tanto da escola de música de Boiro como da banda de música convidada procedente da localidade toledana de Yeles

A ‘Traslatio Experiencial’ aposta pola dixitalización da Ruta Xacobea Mar de Arousa

O Pazo do Martelo en Rianxo acolleu esta mañá a presentación do proxecto Traslatio Experiencial . Promovido pola Mancomunidade Barbanza Arousa e cun investimento de 2’6 millóns de euros ten por obxecto a dixitalización do destino a través da Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

O PP de Boiro esixe a execución do treito final do paseo de Coroño...

O PP de Boiro denuncia a paralización da obra do paseo de Coroño que leva seis anos sen finalizar. Malia que os terreos para a construción da senda peonil foron expropiados, o proxecto non chegou a concluírse pola denuncia dun dos afectados.

Aguiño conmemora o 80 aniversario do naufraxio do Cartagena cun homenaxe ós falecidos

As parroquias de Aguiño e Carreira renderán homenaxe ós náufragos do Cartagena 3 no 80 aniversario do suceso. O sábado 5 de abril celebraranse unha serie de actos conmemorativos en lembranza dos 21 tripulantes que perderon a vida o 8 de abril de 1945 cando o barco se afundiu fronte a costa de Corrubedo.

A praza do Centenario podería estar en servizo no mes de abril

O concello de Ribeira agarda finalizar a reforma da praza do Centenario de cara ó mes de abril. Esta actuación garantirá a accesibilidade universal do espazo que contará ademais con máis zonas verdes e unha ampla área de xogo para a mocidade.

Boiro presenta a programación de Semana Santa

Boiro presentou hoxe a programación da súa Semana Santa. Os actos organizados pola Irmandade do Cristo da Misericordia darán comezo o sábado 5 de abril co pregón, a cargo este ano de Monseñor Francisco Froján, traballador na Secretaría de Espado do Vaticano. ese día farase entrega tamén das medallas ós 18 novos confrades que pasan a formar parte da Irmandade.

O Supremo ratifica a condena á acusada do accidente mortal de Palmeira

O Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso presentado pola condutora que causou o dobre accidente mortal en Palmeira, en mayo de 2019. Ratifica así a condena de doce anos e medio de prisión ditada pola Audiencia Provincial da Coruña e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ribeira esixe a cobertura ó cen por cento das prazas de médico

Ribeira acolleu este mediodía a primeira das manifestacións semanais convocadas pola Plataforma da Sanidade Pública. Coincide ademais coas protestas desenvolvidas en varios concellos de toda Galicia para denunciar a precariedade na atención primaria.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete