O conselleiro de Educación supervisa a rehabilitación integral do CEIP Praia Xardín

O Conselleiro de Educación visitou as obras de rehabilitación integral que se están a acometer no CEIP Praia Xardín de Boiro. A actuación, cun investimento de máis dun millón de euros, suporá a mellora da eficiencia enerxética cun aforro próximo ó 40 por cento.

O curso escolar arrancará en Galicia con menos alumnos e máis profesores

Máis profesores e menos alumnos. Así arrancará en Galicia o curso académico onde destaca a baixada de matrícula en tódolos niveis, incluído o Bacharelato.

O circuíto provincial de Piragüismo da Deputación da Coruña chega este sábado a Boiro

Boiro acollerá este vindeiro sábado a quinta proba do Circuíto Provincial de Piragüismo. Na cita, organizada polo Club Piragüismo Rías Baixas daranse cita ó redor duns 300 regatistas chegados de diferentes clubs de toda a provincia da Coruña.

O concello da Pobra pon en marcha os servizos Madruga e Comedor para facilitar...

O concello da Pobra volverá facilitar a conciliación das familias coa posta en marcha dos servizos de Madruga e Comedor. Os interesados en solicitar praza xa o poden facer a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do concello. Desenvolveranse durante todo o curso nos centros de educación infantil e primaria do municipio.

Ribeira despide ós sete nenos saharauis que pasaron o verán no municipio

O concello de Ribeira brindaba esta mañá unha despedida ós sete nenos saharauis que pasaron o verán no municipio, no marco do programa Vacacións en Paz. Ademais de entregarlle un agasallo ós pequenos, os responsables municipais agradeceron o gran labor das familias acolledoras.

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para os tres detidos polo alixo da Pobra

Prisión provisional, comunicada e sen fianza. A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia de Ribeira, en funcións de garda, que está a levar o caso do alixo de cocaína intervida esta fin de semana na Pobra, na zona do Conchido, tomou esta decisión despois  de collerlle declaración ós tres, polo de agora, únicos detidos nesta operación.

Pasan a disposición xudicial os tres detidos polo alixo de 1.410 quilos de cocaína...

Esta mañá pasaban a disposición xudicial nos xulgados de Ribeira os tres detidos no marco da operación policial levada a cabo esta pasada fin de semana na Pobra, na zona do Conchido, que permitiu a intervención duns 1.400 quilos de cocaína. Os tres están acusados de varios delitos, entre eles o de pertenza a organización criminal e tráfico de drogas.

O PP de Boiro pide unha auditoría para aclarar os problemas na rede municipal...

O PP de Boiro volve a cargar contra o executivo local polos problemas derivados do mal funcionamento da rede municipal de abastecemento de auga. Os populares acusan ó equipo de goberno pola mala xestión deste tema e urxen a buscar unha solución o máis axiña posible. Reclámanlle unha auditoriía sobre o estado actual da rede municipal e que se destine maior investimento á mellora do servizo.

O BNG de Ribeira demanda un reforzo do servizo de limpeza e recollida do...

O BNG de Ribeira denuncia deficiencias na limpeza viaria e no servizo de recollida de lixo. Fanse eco así das queixas veciñais en relación ós malos cheiros que desprenden os contedores así como a acumulación de residuos trala realización de eventos municipais que requirirían un dispositivo de limpeza e desinfección en profundidade.

Seguen as concentracións en Barbanza pola precariedade da atención primaria

Continúan as concentracións pola sanidade pública no Barbanza. En Aguiño seguen a reclamar a cobertura das baixas mentres que na Pobra suman a esta reivindicación a necesidade de contar cun PAC en quenda de tarde.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete