O BNG pide explicacións á consellería do Mar pola falla de execución dos fondos...

A deputada do BNG, Rosana Pérez, pide explicacións á consellería do Mar pola falla de execución dos fondos europeos ante a crise alarmante do sector. A nacionalista insta á Xunta a destinar máis cartos a proxectos concretos da economía real e menos á promoción de feiras e eventos.

O PP de Boiro critica que o POS se destine integramente a gasto corrente

O PP de Boiro amósase moi crítico co goberno municipal por destinar a totalidade do POS da Deputación a gasto corrente. Segundo o seu voceiro, é unha mostra máis do mal estado financeiro do concello dende que goberna o Partido Socialista.

O BNG levará ó Parlamento a falla de médicos nos centros de saúde de...

O BNG levará ó Parlamento novamente as demandas da veciñanza de Aguiño para contar cunha axeitada atención sanitaria. Reclaman que o centro de saúde da parroquia ribeirense conte con dous médicos a xornada completa.

A ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira mobilízase para esixir melloras no centro...

A ANPA Santa Uxía do colexio O Grupo de Ribeira concentrouse ás portas do centro para reclamar diversas melloras. Ademais de denunciar a paralización das obras do ascensor no módulo de infantil, demandan a incorporación de profesorado especialista para atender ó alto número de alumnos con necesidades de apoio educativo.

A Mostra do Premio Jesús Nuñez da Deputación da Coruña recala en Ribeira

O Centro Cultural Lustres Rivas acolle ata o próximo 22 de febrero a Mostra do Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica da Deputación da Coruña. Trátase dunha escolma dos traballos presentados á decimo oitava edición do certame entre os que figuran a obra gañadora e os dous accésit.

O PP de Boiro demanda maior mantemento das instalacións deportivas do municipio

O PP de Boiro denuncia o mal estado en que se atopan as instalacións deportivas do concello pola falla de mantemento. Ademais das deficiencias que presenta o céspede artificial do campo de Vista Alegre, demandan arranxos nos pavillóns de Abanqueiro, Praia Xardín e o campo de fútbol de Valiño.

Rianxo avanza no proceso de urbanización dos terreos en Rianxiño

Rianxo deu luz verde ós estudos de detalle para a adaptación das aliñacións  nos ámbitos Z5 e Z6 da urbanización do pazo de Rianxiño. Este trámite permitirá desbloquear estas bolsas de terreo para poder edificar alí unhas 136 vivendas.

Un álbum ilustrado recupera os diarios de Xulio Silva, asasinado polo franquismo

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza vén de publicar un álbum ilustrado baseado nos Diarios de Xulio Silva. Presentarase este sábado en Ribeira co obxectivo de achegar a un público máis amplo as memorias deste ribeirense, fusilado durante a ditadura pola súa labor sindicalista e de defensa dos valores democráticos.

O alcalde de Ribeira desminte as acusacións do PP e pide unha rectificación publica

O alcalde de Ribeira desminte por completo as acusacións do PP e insta á súa voceira a unha rectificación pública. Luís Pérez Barral amosou o documento de notificación da comisión enviado o pasado xoves día 30 de xaneiro.

Os pais do Fernández Varela piden a Educación que aclare o futuro do centro

A maior parte dos pais do colexio Fernández Varela seguen a opoñerse ó peche. A concellería de Educación estudo o traslado do módulo de infantil ó colexio de Bandaseca, sempre e cando conte coa aprobación da comunidade educativa.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete