O PP de Ribeira achega máis de 20 propostas a incluír no POS da...

O PP de Ribeira presentou unha proposta con máis de 20 iniciativas a incluír no POS da Deputación da Coruña. Agardan que o executivo teña en conta as súas achegas que foron presentadas mediante o proceso de consulta pública convocada polo concello.

A veciñanza de Ribeira recibirá a partir da próxima semana os composteiros domésticos

O concello de Ribeira iniciará a próxima semana o reparto dos composteiros domésticos. En total, adquiríronse 300 unidades e xa foron solicitados preto de 250 polo que aínda quedan depósitos dispoñibles.

O PP de Ribeira pide a recuperación da nave de Cerqueira para uso veciñal

O PP de Ribeira demanda a recuperación da antiga nave de Conservas Cerqueira para uso municipal. Levarán a pleno unha moción instando ó goberno local a demandar a Costas a reversión da concesión dos terreos, emprazados en Bandourrío.

A Asociación de Empresarios de Ribeira repartiu 5.000 euros en vales de compra

A Asociación de Empresarios de Ribeira entregou os premios da súa campaña de Nadal. Foron en total cinco mil euros repartidos en vales de entre 300 e 50 euros a consumir no comercio e na hostalería de Ribeira.

A Deputación da Coruña presume en Fitur da vía verde máis longa de Galicia

A Deputación da Coruña participou este ano en Fitur centrando a súa campaña deste ano na gastronomía e no deporte. Neste aspecto, aproveitaron para presentar a primeira vía verde coa que conta a provincia.

O Clúster de Turismo de Galicia presenta en Fitur o programa SIMADA

Trala inauguración oficial do stand, coa presentación da oferta turística de Galicia para este 2025, un dos actos que centrou tamén a atención neste primeiro día tiña coma protagonista ó Cluster de Turismo de Galicia. A entidade aproveitou a súa presenza na Feira para dar a coñecer o programa SIMADA, un sistema de monitorización e análise de datos de aloxamento, ó que pode acollerse de xeito gratuíto calquera empresa do sector.

Mar e CETGA asinan un convenio para desenvolver marisco máis resistente ante a baixa...

A Consellería do Mar asinou un convenio de colaboración plurianual co Centro Tecnolóxico de Galicia para detectar as causas da perda de produtividade marisqueira. O investimento de máis de 700 mil euros permitirá realizar un estudo para o cultivo de bivalvos máis resistentes á caída da salinidade.

Recollen preto de 2.700 sinaturas para reclamar a cobertura íntegra do persoal médico en...

Recollen preto de 2.700 sinaturas para o cobertura íntegra das prazas de médico no centro de saúde de Aguiño. Os veciños entregaban esta mañá no rexistro do Concello as firmas recollidas durante as últimas semanas que lle foron remitidas á Xunta.

A cadea Mar-Industria analiza co Conselleiro do Mar os retos de futuro do sector

A Comisión Mar-Industria da Confederación de Empresarios de Galicia mantivo un encontro esta mañá co Conselleiro do Mar no Centro Tecnolóxico de Jealsa en Boiro. Analizáronse importantes cuestións para o futuro do sector como a legalización das construcións situadas na franxa costeira ou o descenso de consumo dos produtos do mar.

O PP da Pobra critica que o goberno solicite a reversión de terreos que...

O PP da Pobra critica a falla de coñecemento amosada polo goberno local na recente reunión con Portos de Galicia. Din os populares que os terreos que pretender reverter ó concello xa son de titularidade municipal.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete