Avanzan a bo ritmo as obras do sendeiro do Río Breiro que contectará Mañóns...

O concello de Boiro está a executar a primeira fase das obras de recuperación dos sendeiros que conectan o río Breiro con Mañóns. As obras, orzamentadas en máis de cen mil euros, céntranse no treito comprendido ata Exipto.

O PP de Ribeira insta ó concello a buscar financiamento para executar o polígono

O PP de Ribeira volve instar ó goberno a axilizar proxectos estratéxicos para o municipio. É o caso do polígono que aínda non conta con financiamento por parte doutras administracións para poder executalo.

Fin de semana de taekwondo coa disputa do XXIV Torneo Internacional de Taekwondo Cidade...

Ribeira acolle esta vindeira fin de semana o Torneo Internacional de Taekwondo Cidade de Ribeira. A cita, que reunirá a uns de 800 deportistas chegados dende diferentes clubs de España e Portugal, acada xa a súa vixésimo cuarta edición.

Volven a reclamar cambios na normativa de baleirado dos encoros

As Plataformas en Defensa das Rías de Arousa e Muros-Noia, apoiadas doutros colectivos do mar, como é o caso de varias confrarías, agrupacións de mariscadores e asociacións de bateeiros, veñen de remitirlle un escrito á Xunta, a través do cal, insisten na necesidade dun cambio no actual modelo, para evitar que se repita, un ano máis, a elevada mortaldade de marisco nas praias.

Ribeira prepárase para unha nova marea verde

A andaina solidaria contra o cancro, organizado pola asociación localterá lugar o sábado 26 deste mes de outro, e nela agárdase unha participación de preto do millar de persoas.

O PP de Ribeira critica o retraso na aprobación dos orzamentos

O PP de Ribeira critica o retraso na aprobación dos orzamentos. Entenden que apenas terán marxe de manobra para realizar as súas achegas a un presuposto que adoece de investimentos propios.

O helicóptero da Garda Civil súmase á busca do pescador desaparecido en Boiro

En Boiro continúa a busca do pescador desaparecido dende o pasado luns pola noite nas inmediacións da praia de Mañóns. A melloría do tempo permitiu  hoxe a saída novamente do helicóptero da Garda Civil, que rastrexou dende o aire as inmediacións do areal.

A Pobra amplía o seu catálogo de patrimonio coa compra do Castro da Croa

Formalizada a compra do Castro da Croa por parte do concello da Pobra. A administración local iniciará proximamente os traballos de prospección mediante xeo-radar na zona para comprobar o alcance do xacemento.

O PSOE de Rianxo pide explicacións ó goberno local sobre as deficiencias nas obras...

O PSOE de Rianxo pide explicación só goberno local ante as deficiencias que presentan algunhas obras executadas con cargo ó POS. Unha delas é o saneamento de Quintáns en Isorna, sen rematar ano e medio despois do seu inicio.

A asociación das Amas de Casa e o concello de Ribeira volven aliarse en...

A asociación de Amas de Casa e o concello de Ribeira volven colaborar na organización da andaina en favor de AGAPREM que acada xa a súa quinta edición. Os fondos recadados irán destinados integramente a esta entidade que apoia ás familias de nenos prematuras de toda Galicia.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete