Manuel Losada presentará a súa última novela no Pazo de Goiáns
O Pazo de Goiáns acollerá este venres a presentación do último libro de Manuel Losada. ‘La Sombra de Carmen’ dá continuidade á saga iniciada con ‘El Banco de Carmen’; unha historia de intriga ambientada en Boiro.
Máis de 350 persoas participan na X Andaina Solidaria de Congalsa
Éxito de organización, e tamén de participación, na décima edición da Andaina Solidaria de Congalsa celebrada onte domingo na Pobra. A iniciativa reuniu a máis de 350 persoas, que saíron a camiñar por unha boa causa. Todo o recadado, a firma o entregará a distintas ONG’s que traballan na comarca e tamén á Confraría de Pescadores da Pobra, entidade que está a atravesar un momento delicado, ó borde da desaparición.
13 marcas participarán na Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira
Máis dun cento de vehículos de 13 marcas participarán na Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico que se celebrará en Ribeira do 12 ó 14 de xuño. Nesta sétima edición a cita, que este ano incorpora tamén un espazo formativo, consolídase como un referente a nivel autonómico.
A Plataforma estuda novas medidas de presión para lograr a apertura do PAC da...
Continúan as concentracións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Esta mañá tiñan lugar fronte ó centro de saúde de Aguiño para demandar a cobertura do cen por cento das prazas e na Pobra onde esixen a apertura do PAC en quenda de tarde.
Arde un camión abandonado no porto de Ribeira
Arde un camión estacionado no porto de Ribeira. Ó parecer estaba abandonado, e sobre el pesaba un embargo. Á espera do que determine a investigación, polo de agora descoñécese a posible orixe do mesmo, aínda que todo apunta a que puido ser intencionado.
A Xunta cataloga preto de 1500 bens no primeiro Censo do Patrimonio Marítimo de...
O auditorio municipal de Ribeira acolleu a presentación do Censo de Patrimonio Marítimo Inmoble enmarcado no Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030. Trátase dun ambicioso traballo impulsado pola Xunta en colaboración coa Universidade de Coruña que permitiu a identificación e posta en valor de preto de 1500 bens. Tamén se procedeu á catalogación dos espazos de interese cultural marítimo.
Congalsa recibe o Real Olé de Nova Iorque e o Fursán Hispania de Dubai
Todo preparado na Pobra para acoller unha nova edición do Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa. Este ano coa participación dun total de 37 equipos en categoría alevín. Dous deles, o Real Olé, de Nova Iorque, e o Fursán Hispania de Dubai xa se atopan na localidade e esta mañá foron recibidos nas instalacións de Congalsa, empresa principal patrocinadora do evento.
O BNG de Boiro reclámalle ó Concello que axilice a reforma do campo de...
O BNG de Boiro denuncia de novo o incumprimento por parte do equipo de goberno do acordo plenario para instar á Deputación da Coruña a levar a cabo a reforma do campo de fútbol de Bealo, incluíndo a instalación de herba artificial. Os nacionalistas critican o desleixo do goberno local, desatendendo ás demandas dos propios clubs que empregan habitualmente esta instalación que dende hai tempo reclaman este proxecto.
Adxudicado o novo alumeado do miradoiro de Punta do Castro
Ribeira avanza no Plan de Sostibilidade Turística en Destino coa posta en valor do seu patrimonio. O concello vén de adxudicar o alumeado no miradoiro de Punta Castro. Unha actuación que ascende a algo máis de 32 mil euros para complementar o proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de salgadura para convertela en museo.
O Museo Valle-Inclán dará a coñecer ó público o seu funcionamento interno
Como cada ano, o concello da Pobra volverá conmemorar o Día dos Museos. Será a través dunha conferencia programada para este xoves día 21 na que se dará a coñecer o traballo interno do Museo Valle-Inclán. Os asistentes poderán seguir o percorrido que realizan os bens dende a súa entrada no museo ata a súa catalogación como parte dos fondos.


















