Vandalizan en Ribeira unha escultura en lembranza das vítimas do franquismo
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza condena o ataque ó monumento en recordo das vítimas franquistas de Ribeira. Esta fin de semana, a escultura de Soledad Penalta, situada na Avenida do Malecón, sufriu un acto vandálico coa rotura do alumeado e a desaparición da placa conmemorativa
Accidente mortal en Goiáns
Un mozo da Pobra de 24 anos perdía a súa vida nun accidente mortal que tiña lugar esta pasada fin de semana en Boiro. Por razóns que polo de agora se descoñecen, o vehículo que conducía saíuse da vía na rúa Principal colidindo contra a barreira de seguridade da estrada e un poste do alumeado público. A pesar dos esforzos do persoal de emerxencias que se achegou ó lugar do accidente nada se puido facer, falecendo no punto.
A Pobra apoia novas aperturas comerciais a través do premio Emprende-Co
O concello da Pobra convocará o premio Emprende enmarcado no programa de apoio a novas aperturas comerciais. Os proxectos seleccionados contarán coa cesión dun local da bolsa de alugueiro do concello, un servizo de asesoramento técnico e unha achega económico de 10 mil euros.
Unha andaina solidaria recadará fondos para a Cruz Vermella en Rianxo
A asemblea local da Cruz Vermella de Boiro e o concello de Rianxo alíanse en favor dos mais necesitados. O domingo 24 de maio desenvolverán a primeira andaina solidaria ‘Camiños dw ouro’ para recadar fondos que irán destinados á entidade que presta servizo a numerosas familias do municipio en situación de vulnerabilidade.
O pósito rianxeiro avanza na rexeneración da enseada de Beluso
A confraría de Rianxo está a desenvolver diferentes traballos de rexeneración nos seus bancos marisqueiros de cara a mellorar a súa produtividade para campañas futuras. Nas últimas semanas o pósito veu realizando, coa axuda dun barco, o arado na enseada de Beluso, unha das zonas máis empregadas polo marisqueo a pé, para intentar aumentar a actividade extractiva.
Rianxo executa a renovación do vial de acceso á igrexa e ó horreo do...
O exectivo rianxeiro veu executando nos últimos días a renovación do firme dun treito do vial que une a AC-305 coa igrexa do Araño. Os traballos consistiron fundamentalmente na limpeza previa do treito afectado e o seu posterior asfaltado con mestura bituminosa en quente.
A USC oferta tres seminarios en Ribeira no programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’
Patrimonio, fotografía e capacitación dixital son os contidos principais do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia que se desenvolverá en Ribeira no mes de xuño. A colaboración entre o concello e a Universidade de Santiago fai posible esta iniciativa que ten por obxectivo ampliar as áreas de coñecemento da poboación maior de 50 anos.
A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Coroso
A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Coroso. O concello optou por recuperar esta distinción que garante, non só a calidade ambiental das súas augas, senón a máxima calidade en tódolos servizos dos que dispón o principal areal urbano de Ribeira.
O conservatorio de Ribeira acolle o último encontro da Aula Galega de Saxofón
O conservatorio de Ribeira celebrará esta fin de semana o último dos encontros da Aula Galega de Saxofón. Xunto con este, o conservatorio desenvolve ó longo deste curso os seminarios de Música Antiga e Frauta.
O remo veterano darase cita este sábado en Rianxo
Rianxo acollerá esta fin de semana as regatas de traíñas de veteranos nas categorías masculina e feminina. A proba, enmarcada na Liga Galega, reunirá a un total de 16 tripulacións de toda Galicia.


















