Ribeira avanza nos trámites para que a rúa do Porto de Aguiño pase a...

O concello de Ribeira iniciou os trámites para a municipalización da Rúa do Porto en Aguiño. O obxectivo é proceder ó asfaltado e instalación de canalizacións desta vía que dá acceso a numerosas vivendas e almacéns.

O BNG demanda a mellora da pavimentación na Avenida de Ferrol e medidas de...

O BNG de Ribeira reclama que se mellore o pavimento na Avenida de Ferrol, unha das principais arterias de entrada e saída ó núcleo urbano de Santa Uxía.

Empresas da lonxa de Ribeira melloran o seu equipamento grazas ó GALP Ría de...

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitou esta mañá a lonxa de Ribeira para coñecer tres proxectos desenvolvidos nesta instalación con financiamento do GALP Ría de Arousa. Trátase de adquisición de equipamento que permitiu mellorar a operatividade da lonxa e as condicións laborais dos traballadores.

A praza do Centenario contará cun novidoso parque infantil

O executivo ribeirense vén de licitar a construción do parque infantil na praza do Centenario despois de que finalizase o proxecto de reordenación deste espazo. O orzamento destinado a este fin ascende a uns 212 mil euros e as empresas interesadas en facerse con esta actuación poden presentar xa as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta. O prazo remata o vindeiro 13 de maio.

Ribeira promove o uso da lingua a través da música cun concerto para a...

O concello de Ribeira pechará o mes de maio cunha actividade que busca promover o uso da lingua a través da música. O concerto que leva por título ‘Fálame así, cántame así’ reunirá o 29 de maio no parque García Bayón a Alddara, Novelouro e os DJs Mateo Abelleira, Diego Tercero e Mateo Fajardo.

A confraría da Pobra lanza unha mensaxe de auxilio para evitar o seu peche

A confraría da Pobra atravesa o peor momento dos seus 102 anos de historia. A caída de ingresos derivada da perda de produtividade dos bancos ten á entidade ó borde do peche. Para evitar a súa desaparición, veñen de presentar un plan de auxilio social que inclúe dende campañas de crowfunding  e actividades para a recadación de fondos ata colaboracións con grandes empresas da zona.

O Barbanza escenifica a morte da sanidade pública

Máis dun cento de persoas participou no enterro da sanidade pública desenvolvido esta mañá no hospital do Barbanza. Trátase dun acto simbólico enmarcado no peche que dende hai seis días mantén a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para denunciar o incremento das listas de espera.

O Goberno levará ó Congreso a exención das cotas á Seguridade Social para os...

O Goberno Central levará ó Congreso para a súa aprobación a exención do pago das cotas da Seguridade Social ós miles de mariscadores afectados polos peches de actividade a consecuencia da mortaldade do marisco durante os temporais do pasado inverno. Así o anunciou esta mañá en Boiro o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nunha xuntanza mantida con representantes do sector. segundo el, cun engadido importante, pois ese período seralle considerado tamén coma tempo cotizado.

O presidente da Deputación destaca o papel de Congalsa como motor do emprego feminino

O presidente da Deputación da Coruña sitúa a Congalsa como referente da industria transformadora en toda Galicia. Así o manifestou Valentín González Formoso na visita realizada á factoría emprazada no polígono da Tomada na Pobra na que tivo ocasión de coñecer as instalacións da planta e os plans de futuro da compañía.

O BNG propón habilitar zonas de estacionamento para residentes nas parroquias

O BNG propón a creación de zonas de estacionamento exclusivas para residentes nas parroquias con maior afluencia de visitantes durante o verán. A medida implantaríase en Palmeira, Castiñeiras e Corrubedo nos meses de xullo e agosto.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete