O BNG pedirá no Parlamento a axilización das obras da travesía de Palmeira
O BNG levará unha iniciativa ó Parlamento sobre a paralización das obras da travesía de Palmeira. Instarán á Xunta a axilizar os traballos para garantir que se cumpran os prazos de execución co fin de que estean rematados para o verán.
Ribeira reforza a pavimentación viaria e a rede de alumeado municipal
O concello de Ribeira fixo balance das numerosas actuacións de mantemento en materia de pavimentación e alumeado que se viñeron acometendo nos últimos meses. A contía destinada a estas obras menores, acometidas principalmente pola brigada de obras, superou os cen mil euros.
Presentada a XIII BTT Concello de Rianxo
Rianxo acollerá este domingo 19 de abril a XIII BTT Concello de Rianxo. A proba organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo en colaboración co Concello, terá dúas distancias, unha curta de 46 quilómetros e outra longa de 66. Dende a organización agardan superar os 400 participantes.
Entregan máis de 3000 sinaturas reclamando melloras sanitarias na Pobra
A Plataforma en Defensa de Sanidade Pública do Barbanza entregaba esta mañá no concello da Pobra as máis de tres mil sinaturas recollidas nas últimas semanas. Reclaman á Consellería a cobertura de tódalas prazas médicas e a apertura do PAC en quenda de tarde.
Desartellado un grupo criminal itinerante ó que se lle atribúen 200 roubos de móbiles
A Garda Civil e a Policía Nacional, nun operativo conxunto, desartellaron a un grupo criminal itinerante ó que lle atribúen multitude de delitos de roubo e furtos de dispositivos móbiles en toda Galicia. A investigación, realizada no marco da denominada operación Galaxia Aimalum, na que tamén participou o posto principal de Boiro, permitiu esclarecer uns 200 feitos delitivos. O valor total dos efectos subtraídos supera os 200 mil euros.
A Xunta cederá a outra empresa o contrato de humanización da travesía de Palmeira
A Xunta de Galicia cederá o contrato das obras de humanización de Palmeira a outra empresa ante a imposibilidade da adxudicataria de continuar cos traballos polas graves dificultades económicas que atravesa.
A Pobra oferta 150 prazas para conciliar durante o verán
Na súa aposta por favorecer a conciliación, o concello da Pobra volverá poñer en marcha este verán o programa ‘Móvete’. Vai dirixido a nenos de 3 a 12 anos que disporán dunha alternativa de lecer durante todo o período non lectivo.
Novo acto vandálico no petróglifo da Foxa Vella
O concello de Rianxo denuncia un novo atentado contra o seu patrimonio arqueolóxico. Neste caso o acto vandálico afectaba ó petróglifo da Foxa Vella. Segundo informaron fontes municipais os autores deste ataque rascaron cunha pedra a rocha deste elemento patrimonial, declarado Ben de Interese Cultural, cunha pedra deixando varias marcas nel.
Boiro acolle a fase final do Campionato Galego de Volei Infantil
O concello de Boiro acolle este sábado a fase final do Campionato Galego Infantil de Voleibol. Os catro mellores equipos de Galicia medirán forzas nun torneo do que sairá o clasificado para participar no campionato de España que se celebrará a finais de maio en Castellón.
Buscan a un veciño de Rianxo desaparecido dende a tarde do luns
Amplo dispositivo de busca en Rianxo para tratar de localizar a un veciño da localidade de 65 anos. Trátase de Fernando Otero Mosquera, con domicilio no lugar do Barral. Non se sabe nada do seu paradoiro dende a tarde do pasado luns.

















