Os pais do Brea Segade de Taragoña reclaman máis profesorado e melloras no centro

Os pais do CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña concentráronse esta mañá ás portas do centro para demandar melloras educativas. Ademais do blindar o profesorado acadado tras anos de protestas esixen un orientador a tempo completo, máis especialistas en AL e melloras nas instalacións para reforzar a seguridade do centro.

Rianxo renovará as luminarias do casco urbano cunha nova achega do IDAE

Rianxo segue a dar pasos de cara a renovación integral do seu alumeado público. O goberno de Julián Bustelo ten previsto acollerse a unha nova subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, o IDAE,  e renovar así parte das luminarias aínda pendentes. Neste caso a zona de actuación será o casco urbano.

O acordo entre a Xunta e a FEGAMP para o SAF permitirá ó concello...

Satisfacción no concello de Ribeira tralo acordo entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia para incrementar o financiamento autonómico do Servizo de Axuda no Fogar. O Goberno Galego aportará 16 euros a hora, o que suporá un respiro para as arcas municipais.

A Pobra celebrará as Xornadas Muller e Ciencia con actividades para todos os públicos

A Pobra celebrará a vindeira semana, do 9 ó 13, unha nova edición das Xornadas Muller e Ciencia. Na programación deseñada destaca a charla da matemática da USC e divulgadora científica, Elena Vázquez Abal, que terá lugar o día 11 de febreiro, e que será retransmitida en liña, a partir das catro e media da tarde, a través da  web municipal.

King África actuará en Ribeira o luns de entroido

Ribeira quenta motores para a celebración do entroido que repartirá 8500 en premios tanto nos concursos de disfraces como no festival de murgas. No apartado musical, o prato forte será a actuación de King África que compartirá cartel con Diego Moreira e Mario Álvarez.

Iván Fidalgo e a súa familia disfrutarán da viaxe a Eurodisney de Congalsa

A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, procedeu esta mañá á entrega da Viaxe a Eurodisney a Iván Fidalgo Boo, gañador do premio estrela da campaña comercial levada a cabo durante o pasado Nadal. A viaxe conta co patrocinio da firma Congalsa.

A Consellería do Mar destaca o labor social do Apostolado do Mar en beneficio...

A Conselleira do Mar facía estas declaracións no transcurso dun acto na Pobra no que mantivo unha xuntanza co presidente do Apostolado do Mar, o monseñor Luís Quinteiro. Tivo lugar a bordo do buque de Gardacostas Irmáns García Nodal, atracado no porto comercial da Pobra.

A Xunta analiza coas confrarías a situación dos bancos marisqueiros tralo exceso de chuvias

A baixada de salinidade tralas intensas chuvias dos últimos días foi un dos temas abordados esta mañá na reunión entre a Conselleira do Mar e os representantes das confrarías. A administración avaliará a afectación dos distintos bancos nos que xa se están a realizar mostraxes para determinar o estado en que se atopan tralas fortes precipitacións.

A Pobra repartirá este entroido mais de 6000 euros en premios

O concello da Pobra repartirá este entroido máis de seis mil euros en premios. O sábado haberá un concurso de disfraces infantil mentres que o martes terá lugar o gran desfile no que se premiará os mellores disfraces individuais e por parellas, de grupos e carrozas.

Volven as concentracións ó centro de saúde de Rianxo

Rianxo retomou as concentracións para reclamar melloras na atención primaria. Será tódolos martes ás 7 da tarde diante do centro de saúde. Entre outras cuestións, reclaman un PAC a tempo completo, a recuperación do reforzo de pediatría e a cobertura ó 100% das prazas de facultativos.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete