Alumnos do obradoiro de punta seca de AMBAR expoñen no Museo do Gravado

O Museo de Artes do Gravado de Ribeira acolle dende hoxe unha exposición moi especial. Trátase dunha mostra realizada polos usuarios de AMBAR que participaron no obradoiro de punta seca impartido polo mestre Pepe Míguez.

Cruz Vermella e o concello de Boiro organizan un magosto interxeracional

O concello de Boiro e a asemblea local da Cruz Vermella colaboran na celebración dun magosto popular o sábado 15 de novembro. Ademais da participación dos usuarios dos obradoiros que desenvolve a entidade, o evento está aberto a toda a cidadanía.

Amicos conmemora o seu 25 aniversario

Durante as próximas semanas a entidade  realizará diversas actividades para conmemorar tan significativa data, para poñer en valor os 25 anos de traballo a favor da plena inclusión das personas con discapacidade intelectual.

O PP de Boiro esixe a rebaixa do IBI

O PP de Boiro levará ó vindeiro pleno unha moción a través da cal volverá a reclamarlle ó grupo de goberno a rebaixa do Imposto de Bens Inmobles. Os populares reclámanlle ó executivo local que o deixe no nivel máis baixo posible este imposto, no 0’4%, tanto o de rústica coma o de urbana.

O Ballet Clásico Internacional ofrecerá dous espectáculos en Ribeira este Nadal

O auditorio de Ribeira acollerá este Nadal  dous espectáculos do Ballet Clásico Internacional. Será os días 6 e 7 de xaneiro coas obras ‘El Lago de los Cisnes’ e ‘El Cascanueces’. O vindeiro luns, as entradas saírán a venda a un prezo de 35 euros máis gastos de xestión, en ataquilla.es, e de xeito presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello

Polémica en Ribeira tralas novas restricións de estacionamento no recheo portuario

Malestar en Ribeira tralas restricións de estacionamento na zona portuaria. Esta semana entra en vigor a prohibición de aparcar en boa parte da explanada de luns a venres, quedando reservada ós usuarios que realicen a actividade profesional no porto.

Ribeira segue a reclamar a cobertura de tódalas prazas médicas no centro de saúde

Como cada xoves os ribeirenses volveron concentrarse ás portas do centro de saúde pola cobertura do cen por cento das prazas médicas. Dende a Plataforma pola Sanidade Pública lembran que hai preto de tres mil pacientes sen un facultativo asignado cos consecuentes prexuízos na calidade asistencia.

Rianxo avanza en servizos básicos con obras orzamentadas nuns 800 mil euros

Nestes últimos meses o goberno rianxeiro veu desenvolvendo un intenso traballo administrativo que deu coma resultado a licitación, adxudicación e incluso a execución de distintas actuacións ó longo de todo o municipio. Trátase de obras na súa maioría en materia de saneamento e abastecemento de auga, cun orzamento moi elevado, cun investimento total de preto de 800 mil euros.

Ribeira reforza a súa oferta formativa con dous novos seminarios do IV Ciclo da...

RIBEIRA> O concello de Ribeira reforza a súa oferta formativa con dous novos seminarios do cuarto ciclo da Universidade de Santiago. Os cursos, dirixidos...

O BNG de Ribeira convida á veciñanza a un magosto popular

O BNG de Ribeira, organiza xunto con Galiza Nova e a asociación cultural Altofalante, un magosto popular. será este sábado na praza do concello que acollerá ademais a presentación do libro infantil ‘O Magosto de Brais’.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete