Os nenos do cole de Asados non irán a clase este luns no inicio...
Tal e como acordaron na última asemblea, e tras a enquisa realizada co respaldo do 100% dos pais, os nenos do CEIP Ana María Diéguez de Asados, en Rianxo, non asistirán a clase este luns, data prevista para o inicio do curso. A ANPA mantén así o pulso aberto coa consellería de Educación como medida de protesta ante a falla de profesores e especialistas no centro educativo.
Uns cen regatistas tomarán parte na XIX Regata Gadis
Esta fin de semana vai ter lugar a 19 edición da Regata Gadis. Organizada polo Club Náutico e Deportivo de Ribeira, a proba, centrada nas últimas edicións na promoción da vela entre os máis cativos, reunirá a un cento de regatistas das clases Optimist e ILCA 4.
Rianxo celebra esta fin de semana o XVII ‘Rock in Rian’
Todo listo en Rianxo para o arranque unha nova edición, e xa van un total de 17, do Festival Rock in Rian. Será esta fin de semana. O venres 5 e o sábado 6, coa participación dun total de 17 grupos do panorama musical galego. Como cabeza de cartel a banda madrileña Boikot, que actuará o venres a partir das once da noite.
Boiro clausura o obradoiro de emprego Medioambiental Torre Goiáns IV
Esta mañá tiña lugar en Boiro o acto de clausura do Obradoiro de Emprego medioambiental Torre Goiáns 4. No acto, presidido polo alcalde, Xosé Ramón Romero, fíxoselle entrega ós 20 alumnos-traballadores participantes dos diplomas acreditativos de ter obtido a formación nas modalidades de Instalación de elementos de carpintería e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
Bealo mantense fiel á súa cita co San Ramón
A parroquia boirense de Bealo vestiuse onte domingo de gala para celebrar a tradicional romaría de San Ramón, á que as mulleres embarazadas van en busca de axuda para ter un bo parto. Como cada ano, miles de persoas déronse cita nesta festa, unha das máis concorridas da comarca do Barbanza, declarada ademais de Interese Turístico Galego.
Ribeira amplía as prazas da súa oferta formativa para maiores
O concello de Ribeira amplía o número de prazas dos obradoiros para maiores que, un ano máis, chegará a tódalas parroquias. As actividades formativas están dirixidas a pensionistas, maiores de 60 anos, empadroados no municipio. Poderán realizar as inscricións a partir do próximo luns.
Achan en Sálvora o fragmento dunha vasilla datada entres os séculos XVI e XVIII
Tres mariscadores de Aguiño atopan un anaco dunha vasilla de cerámica datada entre os séculos XVI e XVIII. A peza foi atopada mentres faeanaban nas inmediacións de Sálvora.
Inaugurada en Ribeira a exposición ‘Sinaladas’ da Deputación da Coruña
A exposición itinerante ‘Sinaladas’ da Deputación da Coruña chega a Ribeira. A mostra, que recupera a memoria de 540 mulleres importantes na historia de Galicia, a través de diversos paneis, foi inaugura esta mañá pola deputada de Igualdade, Soledad Agra, e o alcalde, Luís Pérez Barral.
Seis persoas tiveron que ser evacuadas na Pobra a consecuencia dun incendio rexistrado nun...
Gran susto o que se levaron os veciños deste edificio, o número 18, situado na céntrica rúa Rafael Calleja da Pobra, a consecuencia dun incendio orixinado na tarde de onte nunha das estancias do primeiro andar. Por fortuna non houbo que lamentar danos persoais. Aínda así, a consecuencia da mesta fumareda, foron desaloxadas seis persoas que residían no inmoble e que resultaron afectadas pola inhalación de fume, aínda que se escasa consideración.
A praia de Azor acolle este sábado o IV Certame Infantil de Fotografía Submarina
A praia de Río Azor acollerá este sábado a cuarta edición do Campionato Infantil de Fotografía Submarina. Está dirixido a nenos de ata 16 anos que competirán por tomar a mellor instantánea das distintas especies de peixe.

















