A Banda de Música Ateneo Musical da Pobra será a pregoeira das Festas do...
A Pobra prepárase para vivir as súas festas maiores, as do Nazareno, declaradas de Interese Turístico de Galicia. Celebraranse do 19 ó 22 de setembro. Serán catro días de actividades do máis variado, aínda que o día grande, será o domingo, cando se celebra a tradicional procesión das mortallas, na que se agarda a participación de miles de persoas.
Deputación e concello de Ribeira asinarán un convenio para a reforma integral da Rúa...
A Deputación da Coruña destinará máis de 200 mil euros para a renovación integral da ría Cristóbal Colón en Ribeira. O vicepresidente do organismo provincial comprometeuse a axilizar a tramitación do convenio co concello para que poida ser aprobado polo pleno da corporación provincial nos próximos meses.
Comezan a descender as capturas de polbo tras un inmellorable inicio de campaña
Transcorridos preto de dous meses da apertura da veda do polbo, o balance é do máis positivo. Aínda que é cedo para avaliar a campaña, as capturas na lonxa de Ribeira superan xa os cen mil quilos.
Ribeira mellora a iluminación no parque periurbano de San Roque
O executivo ribeirense vén de proceder á finalización dos traballos de mellora da iluminación do parque periurbano de San Roque. A actuación, levada a cabo nos últimos meses atendendo a unha demanda da propia veciñanza, supuxo un investimento de máis de 140 mil euros.
Completadas as 300 prazas da Andaina 50K Concello de Ribeira
Ribeira acollerá o domingo 7 de setembro a 21 edición da Andaina 50 K, enmarcada na Liga Galega de Sendeirismo. Na proba, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Veciños de Carreira, prevese unha participación dunhas 300 persoas.
Preocupación en Arousa pola presenza das candorcas no interior da Ría
Preocupación na ría de Arousa pola presenza das candorcas. Durante a fin de semana producíronse varios ataques destes cetáceos a embarcacións que navegaban pola illa de Rúa, en Ribeira, e tamén na Illa de Arousa e no Grove, entre outros. Dende Salvamento Marítimo piden que se extremen as precaucións pola presenza destes animais.
Boiro quenta motores para o San Ramón de Bealo que suma un día máis...
Boiro prepárase para celebrar as súas festas máis senlleiras. O vindeiro venres darán comezo as celebracións na honra de San Ramón de Bealo con máis de 260 anos de historia. Este ano suman un día máis: serán un total de seis xornadas de festa coa romaría do domingo 31 como cita máis destacada.
A Pobra volverá sacar este venres o deporte á rúa
O concello da Pobra volverá sacar o deporte á rúa este venres nunha xornada dirixida especialmente ós máis novos. A praza Segundo Durán, as pistas do Castelo e a praia do Areal acollerán exhibicións dos diferentes clubs deportivos do municipio e distintas actividades abertas ó público.
Ribeira promove unha campaña para reducir o consumo de auga durante o verán
O concello de Ribeira e Viaqua promoven unha campaña para o consumo responsable de auga. As recomendacións para o consumo doméstico van acompañadas doutras medidas por parte da administración como limitar os regos e baldeos que xa están a obter bos resultados.
O PP de Boiro denuncia un novo atraso no pago das subvencións deportivas
O PP de Boiro denuncia un novo retraso no pago das subvencións a deportistas federados. Ademais da demora do cobro das subvencións correspondentes ó 2024, advirten de que aínda non se convocaron as do actual exercicio.

















