O gasto en materia de subvencións enfronta ós grupos do goberno municipal de Ribeira
O desacordo no seo do goberno municipal de Ribeira quedou patente tamén no pleno ordinario celebrado este luns. Os concelleiros do PBBI aliñáronse co PP votando en contra da proposta de modificación das bases de execución do orzamento para incrementar as axudas a entidades sociais e sen ánimo de lucro.
Comeza a instalación das atraccións de feira no recheo portuario de Ribeira
Os feirantes comezaban esta mañá a instalar as súas atraccións no recheo portuario de Ribeira. Facíano aínda á espera dun novo permiso que reducira o paso de seguridade ata os dous metros e medio.
A navalla será a protagonista dunha nova exaltación gastronómica en Aguiño
Aínda coa resaca da festa do percebe, Aguiño prepárase para vivir outra exaltación gastronómica dun dos seus produtos máis prezados: a navalla. Será o domingo 10 de agosto na explanada do porto.
A campaña estival de doazón de sangue recala esta fin de semana en Ribeira
A campaña especial de doazón de sangue deste verán recalará en varios puntos de Ribeira esta fin de semana. Dende o concello animan ós ribeirenses a facer gala da súa solidariedade, tal e como amosaron o pasado ano cunha taxa de doazóns 9 puntos por riba da media galega.
A xouba volve a reinar en Rianxo
Rianxo acollía esta pasada fin de semana unha nova edición da Festa da Xouba. A cita, xa un referente no calendario festivo galego, congregou a milleiros de persoas que se achegaron a desfrutar deste peixe, o máis representativo desta vila mariñeira.
Ribeira avanza na dotación de paneis fotovoltaicos a máis instalacións públicas
O concello de Ribeira avanza na súa aposta polas enerxías renovables coa instalación de paneis solares en novos edificios públicos. Investirá máis de 40 mil euros para dotar destas fontes de subministro eléctrico á oficina de turismo, o centro de raqueta e a sede da policía local.
A música volverá inundar Rianxo co Festival Noites de Jazz
O martes día 29 arranca o Festival Noites de Jazz de Rianxo. Faino ademais volvendo ó emprazamento que o veu nacer, a praza Rafael Dieste, e coa Big Band da Escola de Música de Rianxo como mestra de cerimonias.
Portos autoriza a instalación das festas de Ribeira no recheo
Fíxose de rogar pero finalmente Portos de Galicia autorizou a instalación das atraccións de feira no porto de Ribeira. Así, os ribeirenses poderán gozar das festas no mesmo emprazamento que en anos anteriores para satisfacción tamén dos feirantes que sempre defenderon esta localización.
O concello de Boiro agarda iniciar a reforma da Casa da Cultura este ano
O concello de Boiro agarda comezar as obras de reforma da Casa da Cultura da Cachada antes de que remate o ano. O proxecto, cun orzamento próximo ós catro millóns de euros, está en fase de licitación.
A Pobra celebrará o Carme dos Pincheiros entre o 15 e o 18 de...
A Pobra celebrará as súas festas grandes entre o 15 e o 18 de agosto. O Carme dos Pincheiros encherá a vila de celebracións, música e tradición. Precisamente entre os elementos máis tradicionais destacan os xogantes e cabezudos que desfilarán polo concello durante os catro días que duran os festexos.


















