Temor en Ribeira trala pelexa mortal entre dous clans xitanos

RIBEIRA> Un morto, máis dunha ducia de feridos de diversa consideración e seis detidos. Este é o  balance da multitudinaria liorta rexistrada este martes...

O PP recolle o malestar dos traballadores municipais polo retraso no pago da última...

O PP de Boiro faise eco do malestar dos traballadores municipais polo retraso no cobro da súa nómina deste mes de xullo, e a correspondente paga extra. Os populares sinalan que é a primeira vez na historia do Concello que se dá este caso.

Traballadoras do SAF de Boiro denuncian a precarización do servizo

Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Boiro denunciaron esta mañá a súa precarización,  tras a nova licitación da xestión  do servizo por parte do Concello. Dende a CIG, que apoia ás traballadoras, advirten que esta situación terá consecuencias graves para os usuarios do mesmo que sufrirán unha merma na calidade do servizo.

O pleno de Ribeira apoia as demandas da Plataforma para cubrir as prazas médicas...

Acordo unánime do pleno de Ribeira para solicitar a incorporación de médicos e a cobertura de tódalas vacantes, no centro de saúde, a raíz dunha moción presentada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Na sesión, o alcalde anunciou tamén a inminente publicación do estudo alternativo da variante de circulación do municipio.

O Museo de Ribeira amplía a súa programación durante o verán

O concello de Ribeira promove unha serie de actividades ó longo deste verán que dan continuidade á programación anual do museo municipal. Trátase das visitas teatralizadas das Heroínas de Sálvora e o obradoiro ‘Cóntoche un traxe’.

Uns vinte barcos tomarán parte este sábado na XIV Regata Congalsa

Este sábado 5 de xullo terá lugar a catorce edición da Regata Congalsa que organiza o Club Náutico e Deportivo de Ribeira. A proba destinada á Clase ORC dos Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, reunirá a unhas vinte embarcacións chegadas dende diferentes clubs da zona.

O PP de Boiro esixe explicacións ante os presuntos positivos en alcoholemia de membros...

O Partido Popular de Boiro esixe ó concello explicacións sobre os presuntos positivos en alcoholemia de dous integrantes do executivo. Os populares fanse eco dos rumores que hai varias semanas circulan por redes sociais, demandando dimisións ante un feito que cualifican de extremadamente grave.

Costas avanza no proxecto de rexeneración dos Areos

Hai varias semanas a Demarcación de Costas sacaba a exposición pública o proxecto de rexeneración da praia dos Areos, na Pobra do Caramiñal. A actuación, cun investimento total de dous millóns de euros, permitirá poder recuperar para uso público un espazo na actualidade degradado, incluíndo o derrube das antigas naves dos cataláns, que se atopan nun estado importante de ruína.

300 persoas correrán este sábado na Pobra contra a diabetes

A Pobra acollerá este sábado a cuarta edición da Carreira Solidaria ‘Móvete pola Diabetes’. No evento, organizado pola asociación Anedia e o Club Atletismo Barbanza, agardan reunir a máis de 300 corredores.

Boiro creará máis de 900 novas vivendas coa urbanización do Plan Parcial de Barraña

O concello de Boiro prevé aprobar o Plan Parcial de Barraña ó longo deste ano. O executivo está a axilizar a tramitación para poder dar luz verde ó proxecto que permitirá a construción de máis de 900 vivendas en pleno núcleo urbano.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete