A taxa de criminalidade sitúase en Rianxo nos 23 delitos por cada mil habitantes
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu esta mañá en Rianxo, xunto co alcalde, Julián Bustelo, a reunión da Xunta Local de Seguridade. Na xuntanza analizáronse os datos relativos ás medidas de seguridade cidadá no municipio e abordouse os dispositivos especiais de cara ó inicio da temporada estival.
Un simulacro proba en Rianxo a capacidade dos medios ante un incendio forestal de...
Rianxo acolleu esta mañá un simulacro de Activación do Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais en Galicia, e o seu paso a situación 2, con afección á poboación.
Luz verde o proxecto de remodelación do paseo marítimo rianxeiro
A corporación municipal de Rianxo aprobaba no último pleno o proxecto para a remodelación do paseo marítimo entre o Castelo da Lúa e a praia da Torre. O proxecto, valorado nuns 190 mil euros, incluirá varias actuacións, entre as que se atopa a remodelación da pasarela que cruza a desembocadura do río Té e a construción dunha zona de ocio infantil xunto á praia da Torre. Tamén se contemplan traballos de recuperación do Castelo da Lúa.
Rianxo avanza na licitación do proxecto de reforma do Museo do Mar
Rianxo acometerá nos próximos meses a rehabilitación e renovación integral das instalacións do Museo do Mar. A actuación, cun orzamento duns 250 mil euros, enmárcase dentro do Plan de Sostibilidade Turística, con financiamento europeo, que vai executar a Mancomunidade Barbanza-Arousa.
Rianxo leva investidos máis de un millón de euros en obras de saneamento e...
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, destaca o importante esforzo inversor realizado ó longo do presente mandato en materia de servizos básicos e mantemento de infraestruturas. Segundo el as actuacións realizadas neste tempo en diferentes zonas do Concello ascendeu a máis de un millón de euros.
Rianxo renova as luminarias do paseo marítimo
O executivo rianxeiro iniciaba esta semana as obras da primeira fase do proxecto de renovación das luminarias do paseo marítimo. A actuación afecta ó tramo comprendido entre Setefogas e a Carballeira.
A novena edición de ‘No bico un cantar’ terá coma protagonistas a Castelao e...
Rianxo acollerá o vindeiro 6 de xuño a novena edición de ‘No bico un cantar’. A actividade, organizada polo Consello da Cultura Galega, reunirá ese día na vila a uns 500 alumnos dos conservatorios de música e centros de ensino musical de toda Galicia que cantarán diversas pezas en homenaxe a Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento.
O PSOE de Rianxo denuncia a falla de criterio do goberno local nas actuacións...
Os socialistas de Rianxo denuncian a opacidade do goberno de Julián Bustelo nas obras de saneamento e abastecemento. Dende o PSOE sinalan que non existe criterio algún á hora de desenvolver as actuacións, o que xera desconfianza na veciñanza.
O PSOE de Rianxo pregúntase pola tardanza na apertura da biblioteca
RIANXO> O PSOE pregúntase as razóns reais polas que o executivo de Julián Bustelo mantén a día de hoxe pechada ó público a biblioteca municipal,...
Barbanza Arousa presenta o seu plan de promoción turística ás empresas do sector
A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou o seu Plan de Promoción ás empresas do sector turístico. Na xornada abordáronse aspectos de relevancia para consolidar o destino como a necesaria colaboración entre administracións e empresas e aposta pola calidade dos servizos de cara á excelencia.

















