O executivo rianxeiro aborda con Portos a reversión de terreos portuarios en desuso
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valorou de xeito moi positivo a xuntanza de traballo mantida co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez. Na reunión abordáronse diferentes temas de interese para o municipio, sendo un dos máis importantes a proposta definitiva para a reversión para o Concello de terreos con escaso uso portuario.
O PSOE de Rianxo reclama a revisión da ordenanza de vados
O PSOE de Rianxo esixe a modificación urxente da ordenanza fiscal número 12 que regula a os vados a accesos á vía pública dende os garaxes. Os socialistas consideran que o equipo de goberno debe explicar claramente en que consiste o cambio, para evitar interpretacións arbitrarias e garantir un trato xusto para toda a veciñanza.
Rianxo busca o respaldo do Estado para novas actuacións
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, valorou moi positivamente a reunión mantida na Coruña co Delegado do Goberno, Pedro Blanco. A xuntanza serviu para facer balance dos últimos investimentos realizados polo Goberno Central no municipio que ascenderon a preto dos dous millóns de euros. O rexedor aproveitou tamén o encontro para solicitarlle colaboración para varios proxectos como pode ser a recuperación do bordo litoral de Fincheira a Quenxo.
A oposición tomba a proposta de aprobación do regulamento do SAT
A oposición rianxeira tombou no pleno de onte a proposta do equipo de goberno para a aprobación do regulamento do servizo de atención temperá. Consideran que o executivo non mira pola calidade do servizo nin tampouco polas familias que dependen del.
Conservas Cerqueira implanta dúas novas liñas de conxelado grazas a unha achega de Mar
O Conselleiro do Mar realizou unha visita á fábrica de Conservas Cerqueira, en Rianxo, para coñecer as melloras que se están a executar con cargo a unha axuda autonómica para transformación. A empresa está a ultimar a posta en marcha dun almacén automatizado e dúas liñas para conxelado.
O PSOE de Rianxo pide axilizar os trámites para a aprobación definitiva do PXOM
O PSOE de Rianxo pide información sobre o estado de tramitación do PXOM. Case dous anos e medio despois da aprobación provisional do documento, os socialistas descoñecen en que fase se atopa a súa tramitación e urxen á aprobación definitiva do mesmo para avanzar no desenvolvemento urbanístico do municipio.
O PSOE de Rianxo crítico coa situación económica do Concello
O voceiro do PSOE de Rianxo, Óscar Rial, carga de novo contra a xestión económica do equipo de goberno. Segundo el situación está a poñer en serio risco a estabilidade orzamentaria do Concello.
A BTT de Rianxo reunirá a preto de 500 participantes entre probas ciclistas e...
Medio milleiro de deportistas daranse cita en Rianxo para participar na Ruta BTT e Andaina que se celebra o domingo 16. A proba ciclista componse de tres distancias mentres que os que opten por percorrido a pé deberán completar un circuíto de 22 quilómetros.
Rianxo saca de novo a licitación de sete postos no mercado municipal
O concello de Rianxo fai un novo intento de promoción da súa praza de abastos, sacando a licitación un total de sete postos aínda sen ocupar. Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, o obxectivo non é outro que a dinamización deste espazo comercial, para eles de vital importancia, para o desenvolvemento futuro da vila.
Rianxo avanza no proceso de urbanización dos terreos en Rianxiño
Rianxo deu luz verde ós estudos de detalle para a adaptación das aliñacións nos ámbitos Z5 e Z6 da urbanización do pazo de Rianxiño. Este trámite permitirá desbloquear estas bolsas de terreo para poder edificar alí unhas 136 vivendas.


















