A delegada da Xunta supervisa a mellora dos accesos ó polígono de Té

A mellora dos accesos do polígono de Rianxo, que favorece ademais a conexión entre as parroquias de Asados e Taragoña, xa é unha realidade. A delegada territorial da Xunta supervisou o resultado desta obra que supuxo un investimento de máis de 70 mil euros.

O PSOE de Rianxo pide ó executivo a presentación da conta xeral

O PSOE de Rianxo insta ó goberno a presentar a conta xeral. Demandan maior transparencia na xestión económica do concello co fin de poder planificar os futuros orzamentos con rigor e atendendo ás necesidades reais dos rianxeiros.

A escaseza de marisco e a entrada de produto foráneo lastran a campaña de...

Tralo fiasco da campaña da vieira en Rianxo, as previsións para o marisqueo este Nadal van na mesma dirección. apenas hai recurso en ningunha das pescarías polo que as previsións son moi pesimistas.

Sen apenas recurso no arranque da campaña da vieira en Rianxo

Mal inicio da campaña da vieira en Rianxo sen apenas recurso na ría. Ta só unha decena de embarcacións saíron nesta primeira xornada na que os quilos capturas nin se achegaron ó tope de capturas, establecido en 35 quilos por tripulante.

A Policía Local de Rianxo denunciou a un condutor que cuadriplicaba a taxa de...

Unha chamada á Policía Local de Rianxo alertando da existencia dun vehículo realizando manobras estrañas por diferentes rúas do casco urbano, circulando incluso por dirección contraria, mobilizou ós axentes, que iniciaron un operativo de busca para tratar de localizalo. Interceptárono na zona do Pazo.

O executivo rianxeiro mellora a accesibilidade ás Tres Cruces

Rianxo continúa dando pasos de cara á recuperación e posta en valor dos seus principais recursos turísticos. Unha das últimas actuacións que está a desenvolver é a rehabilitación do acceso ás Tres Cruces, en Quintáns, na parroquia de Isorna.

A confraría de Rianxo inicia os dragados para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros

A confraría de Rianxo está a traballar no dragado de varias zonas para recuperar a produtividade dos bancos marisqueiros. Para completar estas tarefas, piden á Xunta maior axilidade para autorizar o depósito de cunchas que contribúe a unha maior rexeneración.

Abanca e Afundación levan a Rianxo a exposición de fotografías ‘Fauna esencial’

Abanca e Afundación levan a Rianxo a exposición de fotografías ‘Fauna esencial’. A mostra, que poderá visitarse no auditorio municipal ata o 8 de decembro, recolle imaxes das especies máis representativas da nosa contorna.

Rianxo aproba a ordenanza municipal que regulará o uso das vivendas sociais

Con máis retraso do inicialmente previsto, Rianxo vén de aprobar a ordenanza municipal que regulará o uso das vivendas sociais, situadas nas antigas vivendas dos Mestres. O nivel de renda dos solicitantes será un dos elementos fundamentais para acceder a elas. O prazo de cesión será de dous anos, prorrogable ata un máximo de seis.

A escaseza de recurso nas primeiras xornadas augura unha mala campaña do bou de...

Mal arranque da campaña do bou de vara en Rianxo. Nestas primeiras xornadas, a principal especie é a volandeira aínda que tampouco abonda. Si acompañaron as cotizacións, chegando a dez euros a de primeira.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete