O circuíto de carreiras de Barbanza Arousa arrancará o 31 de agosto na Pobra
O domingo 31 de agosto arrancará o Circuíto ‘Catro Carreiras, unha Meta’ da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Farao na Pobra, cunha proba urbana duns oito quilómetros, que agarda reunir a máis de 500 corredores.
Trasladan en helicóptero a un condutor ferido nun accidente en Rianxo
Un choque frontal entre dous vehículos esta mañá en Rianxo, no lugar de Rial, na parroquia de Leiro, deixa a un condutor ferido de gravidade. Foi necesaria a excarceración dun dos condutores dun dos turismos, que foi ademais mobilizado no helicóptero medicalizado ó Clínico onde permanece con prognóstico reservado.
A ANPA do CEIP Ana María Diéguez retoma as mobilizacións para esixir máis recursos...
A ANPA do CEIP Ana María Diéguez de Asados retomou as mobilizacións para demandar a incorporación de profesora de cara ó curso que está a piques de comezar. Reclaman a incorporación dos especialistas en PT e AL a tempo completo así como o desdobre da aula de quinto cunha ratio de 28 alumnos.
Rianxo enxalza ao mexillón
Pero a comarca do Barbanza foi tamén mexillón, coa celebración da catorce edición da Festa de Exaltación do Mexillón de Rianxo. A cita foi de novo un éxito, superando tódalas expectativas da organización, a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo, repartíndose unhas catro mil racións deste bivalvo.
Off
A carpa instalada no Campo de Arriba quedouse pequena para dar acubillo ás numerosas persoas que se achegaron a Rianxo para asistir á Festa do Exaltación do Mexillón. A cita gastronómica, organiza pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, resultou todo un éxito.
--inserto
Repartíronse unhas catro mil racións de mexillón preparadas de distintas maneiras, aínda que ó vapor, ó xeito tradicional, foi unha vez máis a que trunfou entre os asistentes.
--insertos
Entre as autoridades presentas na festa, tamén se atopaba a conselleira do mar, Marta Villaverde, que non quixo faltar a esta cita gastronómica, apoiando ó importante sector mexilloeiro da localidade e por extensión ó da comarca, cunha base moi sólida na economía local. Pero o verdadeiramente importante é que ademais de ser unha cita gastronómica de interese turístico, a festa ten tamén outro importante obxectivo, e ese non é outro que recadar fondos para o Club de Remo da localidade.
Rianxo instará á Xunta a cubrir as necesidades de persoal docente nos centros educativos
O concello de Rianxo instará á Xunta a cubrir tódalas necesidades educativas que veñen demandando as ANPAS e equipos directivos dos centros do municipio. A corporación aprobou por unanimidade esta proposta debatida nun pleno extraordinario demandando polo grupo socialista.
A xouba volve a reinar en Rianxo
Rianxo acollía esta pasada fin de semana unha nova edición da Festa da Xouba. A cita, xa un referente no calendario festivo galego, congregou a milleiros de persoas que se achegaron a desfrutar deste peixe, o máis representativo desta vila mariñeira.
A música volverá inundar Rianxo co Festival Noites de Jazz
O martes día 29 arranca o Festival Noites de Jazz de Rianxo. Faino ademais volvendo ó emprazamento que o veu nacer, a praza Rafael Dieste, e coa Big Band da Escola de Música de Rianxo como mestra de cerimonias.
O PSOE de Rianxo solicita un pleno extraordinario para abordar as eivas en materia...
RIANXO> Aínda que é un tema no que o Concello non ten competencias, os socialistas entenden que é o suficientemente importante como para ter...
Sete nenos saharauis pasan o verán con familias de acollida en Rianxo
Sete nenos saharauis están a pasar o verán en Rianxo no marco do programa Vacacións en Paz que promove SOGAPS. Os cativos e as súas familias de acollida foron recibidos esta mañá na casa do concello por membros da corporación municipal.
Rianxo segue coas licitacións para ampliar a rede municipal de abastecemento
RIANXO> O executivo rianxeiro segue co seu plan de mellora de servizos coa licitación de varias actuacións que teñen coma principal finalidade a ampliación da...

















