Máis de 30 cociñeiros con Estrela Michelín afondan na gastronomía galega
Máis de 30 cociñeiros de toda España participan na iniciativa ‘Estrelas Solidarias no Camiño’ promovida polo restaurante O Barqueiro de Negreira. Trátase dunha experiencia inmersiva para dar a coñecer non só o potencial gastronómico de Galicia senón tamén a calidade da súa materia prima.
Noia acolle este verán o II Campus da Fundación Celta
Noia acollerá por segundo ano consecutivo o Campus de Verán da Fundación Celta. Será do 30 de xuño ó 4 de xullo. A actividade, para a que xa está aberta a súa inscrición, está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
O BNG de Noia esixe a posta en marcha do protocolo antiacoso e un...
O BNG de Noia levará a pleno unha serie de iniciativas solicitando o cumprimento dos acordos cos traballadores. Refírense principalmente á aplicación do protocolo antiacoso e a posta en marcha dun plan de igualdade.
Noia recibe por todo o alto ó seu equipo de primeira
Multitudinaria recepción a brindada onte polos noieses ó seu equipo de fútbol sala tras lograr a permanencia en Primeira División. Xogadores, técnicos e directivos do Noia Portus Apostoli recibiron o apoio e gratitude da súa afeccións.
Noia pon en valor a súa tradición da canto coa segunda edición do ‘En-cántame’
Noia volverá poñer en valor a súa gran tradición musical na segunda edición do Programa ‘Noia En-cántame’. Diversas agrupacións e coros actuarán este sábado na igrexa Santa María a Nova con peche no Coliseo Noela a cargo do grupo A Misela e a agrupación coral ‘Canta por Noia’.
Noia apúntase ao tardeo coa ‘Ruta Dominguera’
Noia apuntase ó tardeo. Catro locais do casco histórico: TBO, La Parra, Gasset e a Adega do Pazo, organizan, en colaboración co Concello, a primeira ‘Ruta Dominguera’. A iniciativa arrancará xa este vindeiro domingo con actuacións en directo e sorteos de agasallos.
O Noia inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a...
O Noia inicia mañá ante o Estradense a primeira das eliminatorias para subir a Segunda Federación. O partido será no Municipal de San Lázaro ás doce da mañá.
Máis de 30 establecementos participarán este sábado na Pink Fashion de Noia
Unha trintena de establecementos participarán este sábado na decimo terceira edición da Pink Fashion de Noia. Ademais de descontos do 20 por cento, os clientes optarán a un premio dun vale de compra de 500 euros que se sorteará ó final da xornada.
Noia acollerá en xullo a terceira edición do Congreso Internacional de Odontoloxía
Noia acollerá en xullo unha nova edición do Congreso Internacional de Odontoloxía. A cita, terá lugar os días 4 e 5 no Liceo e nela prevese a participación de máis de 250 profesionais chegados dende diferentes nacionalidades.
Noia reunirá a destacados investigadores nunha nova edición da Semana da Historia
A concellería de Cultura de Noia desenvolverá un ano máis a súa semana da Historia, este ano co título de ‘As Portas do Mar’. Será do 3 ó 10 de maio no Teatro Coliseo Noela. O programa deseñado para esta edición, a número doce, incluirá diversas ponencias a cargo de reputados historiadores e investigadores.

















