Éxito de participación na Feira de San Marcos con máis de 70 cabalos a...

Noia volveu vivir unha das súas festas máis tradicionais: o San Marcos. O atractivo principal foi a Feira Cabalar que reuniu a centos de veciños e visitantes. A xornada prolongouse ata ven entrada a noite coa verbena a cargo da orquestra Finisterre e unha discomóbil.

Noia acolle este sábado unha velada de deportes de contacto

Noia volverá vivir este sábado unha xornada de deportes de contacto con participantes de primeiro nivel. O pavillón Agustín Mourís acollerá dende as seis e media da tarde unha velada organizada polo Club de Loita Noia.

Heredeiros da Crus e Monolius Dop integran o cartel do Estival Fest de Noia

Sete anos despois do seu primeiro concerto conxunto, Monolius Dop e Heredeiros da Crus volverán actuar xuntos en Noia. Será no Estival Fest que se celebrará o 17 de maio no recinto do IES Campo de San Alberto.

Investigan a autoría dos actos vandálicos cometidos na piscina e no campo de fútbol...

A piscina municipal de Noia e o campo de fútbol Julio Mato foron obxecto de actos vandálicos nos últimos días . A Garda Civil abriu unha investigación para identificar ós autores dos roubos e danos rexistrados nestas instalacións municipais.

O albergue de peregrinos da Chaínza entrará en servizo este verán

A Conselleira do medio Rural desprazouse esta mañá ata Noia para coñecer as novas instalacións do albergue da Chaínza. A reforma do inmoble contou cunha achega de 200  mil euros xestionada a través do Grupo de Desenvolvemento rural DELOA con fondos LEADER.

Noia recupera o seu antigo Cine Club

A iniciativa xorde da man dun grupo de amantes do sétimo arte co apoio da concellería de Cultura. As proxeccións iniciaranse xa o vindeiro 11 de maio no Coliseo Noela e prolongaranse ata o 8 de xuño, grazas tamén á colaboración de Cine Numax, encargado do deseño da programación.

Volven as ‘Visitas Guiadas’ a Noia na Semana Santa

A concellería de Turismo de Noia e a asociación Noia Histórica volven ir da man na organización das visitas guiadas durante esta Semana Santa. Con esta actividade, con gran demanda, buscan poñer en valor o patrimonio histórico da vila, e ó mesmo tempo promocionar os negocios locais.

Heredeiros da Crus e Monoulious DOP actuarán no Estival Fest 2025

A concellería de Cultura de Noia vén de poñer á venda as entradas para unha nova edición do Estival Fest. A cita será o vindeiro 17 de maio e o cartel do festival compóñeno dúas bandas con moito tirón na comarca como é o caso de Heredeiros da Crus e Monolius Dop.

A Garda Civil desmantela un punto de venda de droga en Noia

A Garda Civil desmantelou un punto de venda de droga en Noia no marco da denominada operación Obremark. A investigación saldouse coa detención dunha persoa e o comiso de 90 gramos de distintas substancias, ademais de dúas pistolas de aire comprimido e preto de cinco mil euros en moeda fraccionada.

A tradicional feira cabalar será de novo un dos atractivos das festas de San...

A concellería de Cultura de Noia presentou esta mañá o cartel das festas do San Marcos. Os festexos celebraranse do 25 ó 27 de abril. Como é tradición a feira cabalar será un dos gran atractivos do programa, cos concursos morfolóxicos e de andadura nos que se repartirán máis de catro mil euros en premios.

REDES SOCIAIS

40,760FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete