Noia estrea dous novos miradoiros con vistas á ría
Neste 2025 Noia estreará dous equipamentos turísticos. Son os miradoiros de Bergondo e Santa Cristina que foron acondicionados con novo pavimento e mellora de accesos. Ambos ofrecen fermosas panorámicas da ría e atópanse a apenas un quilómetro do centro urbano.
Noia aposta por celebrar a festa de Reis no pavillón ante as malas previsións...
As malas previsións meteorolóxicas para o domingo, obrigaron ó concello de Noia a cambiar de plans. Aínda que manterán as carrozas listas para saír no caso de que a chuvia dea unha tregua, todo apunta a que os Reis recibirán ós nenos no pavillón Agustín Mourís.
Noia despedirá o ano cunha carreira solidaria
Como xa é tradición, Noia pechará o ano cunha carreira solidaria. A San Silvestre desenvolverase o día 31 ás cinco da tarde na alameda noiesa. Non se trata dunha proba competitiva posto que o seu principal obxectivo é recadar fondos para Cáritas.
Agustín Agra gaña o certame ‘Avilés de Taramancos’ con Trebón de Ouro
Agustín Agra gañou o vixésimo terceiro relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia. O xurado elixiu por xeito unánime a súa obra ‘Trebón do Norte’ pola súa valía cultural, histórica e literaria.
En marcha as obras que aumentarán a capacidade de abastecemento de auga de Noia
Xa están en marcha as obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable de Noia. A actuación, cun orzamento próximo ó millón e medio de euros, permitirá modernizar a instalación e aumentar a capacidade ata unha poboación de 24 mil habitantes.
Comezan as obras na EDAR de Noia para optimizar o seu funcionamento
Iniciadas as obras obra na depuradora de Noia que suporán un investimento de máis de dous millóns de euros por parte de Augas de Galicia. Ademais do reforzo estrutural e o peche perimetral da instalación procederase á renovación dos equipos de depuración co obxectivo de garantir un funcionamento óptimo.
A Xunta avanza nos trámites do futuro centro de Noia coa licitación do proxecto...
O concello de Noia agarda que as obras do futuro centro de saúde podan dar comezo a finais do próximo ano. A Xunta xa iniciou o proceso de licitación para a redacción do proxecto, cunha partida de 400 mil euros. O orzamento total da obra ascende a dez millóns.
Noia Histórica sorteará catro iPhone 15 na súa campaña de Nadal
Noia Histórica presentou esta mañá a súa campaña comercial de Nadal. Con ela buscase dinamizar o tecido comercial da vila. Entre as novidades da campaña deste ano, que se prolongará ata o 5 de xaneiro, figura o sorteo de 4 iphone 15 entre aquelas persoas que realicen as súas compras na localidade.
O alcalde de Noia defende o estrito cumprimento da legalidade na aprobación do orzamento
A resposta do concello trala presentación deste contencioso non tardou en chegar. O alcalde, Santiago Freire, defende a legalidade do orzamento e acusa á oposición de querer entorpecer o normal funcionamento da administración municipal.
PSOE e Marea de Noia recorren a aprobación do orzamento
O PSOE e a Marea de Noia recorren conxuntamente a aprobación do orzamento municipal. Basean o recurso en que o presuposto incumpre a legalidade ó non ter consignados gastos comprometidos polo concello como o pago das cotas da Mancomunidade Serra do Barbanza.


















