O BNG de Noia critica a reforma dos Xardíns Felipe de Castro
A reforma levada a cabo recentemente nos Xardíns Felipe de Castro de Noia está a xerar certa controversia. O BNG critica o resultado do proxecto ó consideralo un parche inapropiado para un ben histórico. Pola súa banda, dende o concello non descartan pedir responsabilidades á empresa por unha serie de erros na execución.
Noia recupera a esencia do San Marcos con propostas de lecer para tódolos públicos
Noia quenta motores para vivir unha das súas citas máis tradicionais. As festas de San Marcos celebraranse entre o 24 e o 26 de abril cunha ampla programación lúdica na que o evento principal volverá ser a feira cabalar.
O BNG esixe medidas para garantir o futuro do marisqueo
NOIA> O BNG critica as axudas para mariscadores anunciadas pola Consellería do Mar. Ademais de consideralas insuficientes, os nacionalistas esixen aclaracións sobre os criterios...
A Deputación da Coruña apoia con 25 mil euros ó conservatorio de Noia
A deputada de Educación e Mocidade na Deputación da Coruña, Yoya Neira, xunto co alcalde de Noia, Francisco Pérez, visitaron as instalacións do conservatorio municipal de música da localidade. Durante a visita, a responsable provincial puxo en valor o apoio da Deputación ó funcionamento dos centros de formación musical. No caso de Noia, a institución provincial aporta uns 25 mil euros ó financiamento do conservatorio.
Noia destinará uns 100 mil euros á mellora da praza de abastos
Noia destinará uns 100 mil euros á diversas melloras na praza de abastos. O executivo noiés financiará estas actuacións, que buscan dinamizar e poñer en valor este espazo, a través dunha axuda da Dirección Xeral de Comercio.
Un total de oito procesións integrarán o cartel da Semana Santa en Noia
Noia presentou o programa e o cartel da súa Semana Santa. Serán un total de oito procesións organizadas pola parroquia de San Martiño, en colaboración coas catro confrarías existentes na localidade e o Concello.
A alameda noiesa acollerá o I Mercadiño Solidario de Pascua
A alameda de Noia acollerá o vindeiro sábado 28 de marzo un mercadiño solidario. A actividade ten coma finalidade a recadación de fondos para a investigación contra o cancro de mama metastásico.
O PP de Noia denuncia trabas para acceder ó expediente da liquidación da Conta...
O Partido Popular volve a denunciar a constante vulneración do seu dereito ó acceso á información municipal. Acusan ó executivo de non facilitarlle o expediente da conta xeral de 2025 co fin de ocultar a boa xestión dos populares cando ostentaban a alcaldía.
Noia adquire unha nova barredora para reforzar os servizos de limpeza viaria
Noia continúa coa súa aposta pola modernización dos equipamentos municipais. Nesta ocasión, o executivo presentou unha das súas últimas adquisicións. Trátase dunha nova varredora de última xeración que supón un reforzo clave para a mellora da limpeza viaria en todo o termo municipal.
O concello de Noia solicita a Costas a desafectación da zona deportiva de San...
O concello de Noia vén de solicitar a desafectación da zona deportiva de San Lázaro. O obxectivo é que os terreos sexan de titularidade municipal para poder axilizar as melloras previstas no estadio e instalacións anexas.

















