O BNG levará ó Parlamento os novos recortes sanitarios na comarca de Muros-Noia

O BNG levará ó Parlamento varias iniciativas ante o recorte de persoal na área sanitaria de Muros Noia. Ademais da redución dun médico de reforzo no PAC de Noia denuncian a perda da consulta da matrona en Outes e a existencia dunha única ambulancia para toda a comarca.

A Deputación da Coruña presume en Fitur da vía verde máis longa de Galicia

A Deputación da Coruña participou este ano en Fitur centrando a súa campaña deste ano na gastronomía e no deporte. Neste aspecto, aproveitaron para presentar a primeira vía verde coa que conta a provincia.

O BNG de Noia propón destinar parte do POS a proxectos de saneamento e...

O BNG de Noia propón catro proxectos a incluír no POS da Deputación da Coruña para este exercicio. Están relacionadas coa mellora da accesibilidade, a conservación do casco histórico e o saneamento.

O conselleiro do Mar analiza coa Confraría a dragaxe do porto de Testal

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, achegouse esta mañá ata a lonxa de Testal, en Noia, para manter un encontro con representantes da Confraría, e analizar as diferentes necesidades que ten o sector. No encontro o titular do Mar puxo en valor a recuperación observada na produción, tanto en capturas como en facturación, en 2024, despois das perdas sufridas o ano anterior a consecuencia da mortaldade de marisco polos temporais.

O delegado do goberno e o alcalde de Outes analizan os investimentos do Estado...

O alcalde de Outes e o delegado do goberno en Galicia mantiveron unha xuntanza para analizar os investimentos do goberno central no municipio. Destaca o proxecto Renatur para a mellora da contorna do río Tins así como a mellora da eficiencia enerxética.

Os xubilados de Porto do Son estrean sede con vistas ó mar

Os xubilados de Porto do Son contan cunha nova sede social. Emprázase na facahda marítima nun inmoble duns 600 metros cadrados. Ademais de actividades recreativas, o novo club acollerá cursos e propostas culturais, constituíndo un punto de encontro para os maiores sonenses.

O conselleiro do Mar visita as instalacións de conservas Sotavento

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaba esta mañá as instalacións da conserveira Sotavento en Outes. Alí destacou a aposta que realiza esta firma polo produto local que emprega na elaboración das súas conservas artesanais de máxima calidade.

Noia estrea dous novos miradoiros con vistas á ría

Neste 2025 Noia estreará dous equipamentos turísticos. Son os miradoiros de Bergondo e Santa Cristina que foron acondicionados con novo pavimento e mellora de accesos. Ambos ofrecen fermosas panorámicas da ría e atópanse a apenas un quilómetro do centro urbano.

Noia aposta por celebrar a festa de Reis no pavillón ante as malas previsións...

As malas previsións meteorolóxicas para o domingo, obrigaron ó concello de Noia a cambiar de plans. Aínda que manterán as carrozas listas para saír no caso de que a chuvia dea unha tregua, todo apunta a que os Reis recibirán ós nenos no pavillón Agustín Mourís.

Case 400 atletas logran completar o Trail de Lousame

Preto de 400 atletas lograron completar o Trail de Lousame que se celebrou este domingo. Na proba longa impuxéronse Damián González e María Platero mentres que Rubén Martínez e Nerea Castro proclamáronse gañadores do trail curto.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete