O 30% das vivendas públicas de Marxión serán para persoas de entre 36 e...
O 30% das dez vivendas públicas que se van construír en Marxión, en Vilagarcía, serán para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos. Tamén se reserva outro 25% para menores de 36 anos. Avanzouno dende a propia parcela a conselleira de Vivenda. Este mércores saíron a licitación as obras destes fogares, que se van construír nunha parcela cedida polo concello. Conta cun investimento próximo aos dous millóns de euros.
Terra Calda busca mecenas para erixir en Caldas unha estatua ao rei Afonso VII
Caldas de Reis reclama unha estatua para Afonso VII. A Asociación Cultural Terra Calda impulsa unha campaña de crowdfunding para poder construír o monumento dedicado ao monarca nado na vila, coincidindo coa celebración do 900 aniversario da súa coroación como rei. Afonso VII será nomeado Fillo Predilecto de Caldas no pleno de xuño.
Seis anciáns faleceron atropelados nas estradas da provincia de Pontevedra no que vai de...
Campaña para a prevención de atropelos de persoas maiores nas estradas de Pontevedra. No que levamos de ano faleceron xa seis anciáns atropelados na provincia. A iniciativa, impulsada pola Subdelegación do Goberno, a Xefatura Provincial de Tráfico e a Garda Civil, chegou este martes a Cambados. A xornada comezou coa entrega de chalecos reflectantes ás persoas asistentes e continuou cunha sesión informativa con consellos prácticos.
O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado
A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.
O Hospital do Salnés cumpre 25 anos convertido nun referente asistencial
O Hospital do Salnés celebrou por todo o algo o seu cuarto de século de historia. O auditorio de Vilagarcía acolleu o acto conmemorativo, que congregou a numerosos representantes institucionais, entre eles o presidente da Xunta Alfonso Rueda, e veciñais da comarca. Dende a área sanitaria puxeron en valor o traballo realizado polos profesionais do centro nestes 25, converténdoo nun referente asistencial.
Un veciño de Meis, gañador do Campionato Nacional de Colocación de Cerámicas celebrado en...
Meaño acolleu este venres un concurso ben curioso. Trátase do Campionato Nacional de Colocación de Cerámicas, que se celebrou nas instalacións de Prefabricados Dena. Nove aspirantes chegados de toda Galicia puxéronse a proba para demostrar quen é o que mellor sabe poñer azulexos. Técnica, experiencia e, sobre todo, paixón polo oficio son as claves coas que os concursantes se presentaron a esta cita. O gañador foi un veciño de Meis, que asistirá a comezos de 2027 á gran final na que se coroará ao mellor profesional de España.
Chamamento dos traballadores de Nestlé para manifestarse este sábado contra o ERE na planta...
Os traballadores de Nestlé en Pontecesures intensifican as súas protestas contra o ERE anunciado pola empresa. A compañía contempla o despedimento de 27 traballadores na planta cesureña, o 14% do persoal. Este venres, os traballadores participaron na mesa de negociación reivindicando que nesta factoría a carga de traballo non decaeu e que mesmo este verán teñen previsto a ampliación dos horarios aos sete días da semana. Para este sábado convocaron unha manifestación que atravesará o centro da vila.
Música, gastronomía e tractores no San Isidro O Labrego de Caleiro
Fin de semana de troula na parroquia vilanovesa de Caleiro. Este sábado vaise celebrar a Festa de San Isidro O Labrego. Unha cita na que ademais de música e gastronomía, a parroquia presume de tractores. Como é tradición, celebrarase o desfile de maquinaria, no que se agarda a participación duns vinte tractores. Na comisión tamén poñen o foco no desfile de tractores infantil, para que os máis pequenos da volta manteñan a tradición no futuro. O domingo, mentres, celebrarase a quinta Xuntanza de San Isidro nos Muíños de Currás.
O xaponés Vissel Kobe, o Manchester United ou o Inter de Milán, no Arousa...
Ribadumia prepárase para un dos maiores eventos do ano no municipio, o Arousa Fútbol 7. Entre os equipos que se incorporan este ano salienta o Manchester United, que se medirá a outros grandes equipos como o Inter de Milán, o Benfica, o Real Madrid, O Barça e, por suposto,o Celta e o Deportivo. No AF7 tamén estará presente este ano o Vissel Kobe, do Xapón. O torneo terá lugar na fin de semana do 22, 23 e 24 de maio.
Seguimento masivo na segunda xornada de folga no sector do metal na provincia de...
Segunda das seis xornadas de folga no sector do metal na provincia de Pontevedra, reclamando melloras no seu convenio. Os sindicatos falan dun seguimento practicamente do 100%, como no primeiro dos paros o pasado xoves. A terceira xornada de folga está prevista para este xoves.
















