FALEMOS! o programa de entrevistas de Canal Rías Baixas

Falemos, seguindo a actualidade da nosa contorna.

O PP tumba no Parlamento a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e...

O Parlamento Galego bota abaixo a iniciativa lexislativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras. A proposta debateuse esta mañá en Santiago. Pero o Partido Popular impediu que se admitise a trámite, votando en contra. Si apoiaron o texto o BNG e o PSdeG.

Chamamento á comunidade educativa de Arousa a participar na manifestación deste sábado contra os...

Representantes da comunidade educativa de toda a nosa contorna fan un chamamento a participar este sábado na manifestación contra os recortes en educación. Convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, denuncian numerosas eivas en tódolos niveis, dende infantil ata secundaria. Din que estamos ante un dos inicios de curso con máis deficiencias dos últimos anos e que mostra diso é a gran cantidade de protestas que se están a celebrar en distintos centro de toda Galicia, tamén na nosa contorna.

Meus Viños consolídase en Meis como un referente para a promoción do sector vitivinícola

Meis converteuse esta fin de semana en punto de encontro para os amantes do viño. O municipio acolleu a quinta edición de Meus Viños, cunha gran afluencia de público. Polos stands instalados no Mosteiro pasaron ao longo dos tres días do evento centos e centos de persoas, atraídas polos viños, pero tamén polo resto de actividades programadas, con showcooking ou propostas musicais para todos os gustos. No concello falan xa dun proxecto máis que consolidado.

Ambientazo en Meis grazas á feira MEUS VIÑOS

Ambientazo na feria de outono dos viños de Meis.

Inaugurada a Feira MEUS VIÑOS

MEIS convídate a desfrutar dunha fin de semana chea de actividades e diversión na quinta edición da súa feira MEUS VIÑOS.

A realidade virtual mixta incorpórase ao programa de emprego da Mancomunidade do Salnés

A realidade virtual mixta incorpórase á formación do programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés. É unha modalidade que mestura elementos da realidade aumentada coa realidade virtual, permitindo a interacción simultánea dos obxectos dixitais co mundo físico. Esta modalidade incorpórase a un dos cursos do plan de emprego do organismo comarcal no que tamén se introduciu a impresión 3D multicor, o que permite a creación dos prototipos en múltiples tons.

A rapazada do IES Ramón Cabanillas de Cambados entrevista a Mondra

Achegar a música tradicional galega á rapazada. Ese é o obxectivo dun proxecto que teñen en marcha no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Hoxe, por exemplo, recibiron no centro a Mondra, un dos grandes artistas do panorama musical galego nestes momentos, que tamén conquista aos máis novos coa súa fisión do tradicional coa electrónica. A rapazada do instituto foi a encargada de entrevistalo.

O BNG defende dende Vilagarcía un concerto económico para Galicia

VILAGARCIA>  O BNG defende un concerto económico para Galicia. Dende Vilagarcía, os nacionalistas defenden que sexa a comunidade a que teña a chave dos...

Cáritas Arousa serviu máis de 11.000 comidas no seu comedor no que levamos de...

Cáritas Arousa conmerou hoxe o primeiro aniversario da posta en funcionamento do seu novo comedor social. Este espazo atende a diario 40 persoas, acadando as 60 nas fins de semana. No que vai de ano servíronse alí máis de 11.000 comidas neste espazo social. Dende Cáritas explican que as novas instalacións permítenlle ofrecer un servizo máis digno, persoal e integrada.

REDES SOCIAIS

40,720FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete