A primeira fase das obras da contorna da praza de abastos de Sanxenxo estará...
Nova visita da Conselleira de Infraestruturas ao concello de Sanxenxo. Desta volta, María Martínez comprobou o avance das obras de humanización e mellora da mobilidade que se están a desenvolver na contorna da praza de abastos. A actuación conta cun investimento de 2,3 millóns de euros c contempla, entre outras medidas, o soterramento do tráfico na rúa Madrid. A primeira fase da intervención, calculan, estará rematada a principios de outubro.
O home que disparou á súa exmuller no Grove recoñece os feitos e acepta...
Visto para sentenza o xuízo contra o home que en 2018 disparou a súa exparella na súa casa do Grove. Tras unha primeira sesión sen acordo, hoxe o acusado recoñeceu os feitos e conformouse cunha pena de prisión de 12 anos. Á saída da Audiencia Provincial de Pontevedra, a vítima da agresión, Eva Afonso, aseguraba que aínda que non está satisfeita co resultado, si supón un alivio que lle permitirá por fin refacer a súa vida.
A confraría preparará 3.000 quilos de bivalvo para a Festa de Ameixa do Carril
O 11 de agosto Carril renderá tributo ao seu produto estrela. O pobo vilagarcián acolle a vixésimo novena edición da Festa da Ameixa do Carril, que servirá de antesala das festas de San Roque vilagarciás. Serviranse 3.000 kilos de ameixa xapónica ante a falta no mercado de ameixa babosa. Ademais, este ano por primeira vez na súa historia a festa gastronómica non irá da man do Capítulo da Orde da Ameixa.
Máis de 400 regatistas competirán na ría de Arousa no Campionato do Mundo de...
Xa está en marcha en Vilagarcía o Campionato do Mundo de Vela Xuvenil. A inauguración celebrouse onte pola tarde, enchendo o centro da vila de ambiente co desfile dos representantes dos máis de 20 países que participan na cita deportiva. Ata o domingo día 21, máis de 400 deportistas percorrerán a ría de Arousa. Este campionato do mundo é para as clases 49er, 49er FX e Nacra 17. Moitas das tripulacións xa levan semanas asentadas en Vilagarcía para facerse co campo de regatas. Entre os representantes galegos, na categoría 49er hai nomes como o do arousán Jacobo García e o campión de Europa xuvenil, o vigués Jaime Wizner. En 49er FX, será a viguesa Stella Enríquez.
O GDR Salnés-Ulla-Umia apoiou a posta en marcha de 224 proxectos entre o 2014...
Cambados acolleu onte a décima Asemblea Xeral do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia. Un encontro no que se aprobaron as contas anuais de 2023, presentáronse os orzamentos de 2024 e avaliáronse os resultados dos 224 proxectos que conseguiron achegas no marco do programa LEADER 2014-2020. Unhas axudas que roldaron os 2,9 millóns de euros.
O home que disparou á súa exparella no Grove asegura que non recorda os...
Primeira xornada do xuízo contra o home que disparou á súa exparella no Grove no ano 2018. A preguntas da Fiscalía, o acusado asegurou que non recorda nada dos feitos. Enfróntase a unha pena de case 22 anos de cadea.
Iníciase a licitación das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa....
Iníciase a licitación das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Hoxe a conselleira de planificación de infraestruturas e o seu homólogo de Sanidade visitaron a parcela onde se vai construír o edificio. O novo equipamento suporá un investimento de 19 millóns de euros. A intención é que as obras comecen a finais deste 2024.
Pacto en Vilagarcía entre PSOE e BNG para aprobar os orzamentos de 2024
Fumata branca en Vilagarcía de Arousa. Despois do achegamento de posturas do pasado venres, PSOE e BNG asinaron hoxe o acordo que permitirá dar luz verde aos orzamentos municipais para este 2024. As contas ascenderán finalmente a 39 millóns de euros, contando cun préstamo que van pedir de ao redor de 4 millóns. Ademais, o PSOE cederá ao BNG o seu posto no Consello de Administración da Autoridade Portuaria. O orzamento irá a pleno o vindeiro mércores 24 de xullo.
42.000 cataviños, 44 adegas e concertos a diario para a LXXII Festa do Albariño...
Cambados xa conta os días para a súa semana grande. A septuaxésimo segunda edición da Festa do Albariño comezará o vindeiro 31 de xullo, garantindo cinco días de gran ambiente, ampla programación e dos mellores viños na vila cambadesa. Haberá stands das adegas no Paseo da Calzada, o Túnel do Viño no Salón Peña, os concertos na Praza de Fefiñáns e o Xantar de Confraternidade no Pazo Torrado, entre outras citas que non poden perder.
O BNG esixe a retirada dos proxectos de Altri e da Mina de Touro...
O BNG reuniu hoxe en Vilagarcía aos seus alcaldes e cargos municipais nos concellos da ría de Arousa e do Baixo Ulla afectados pola mina de Touro e a celulosa de ALTRI. No acto, a voceira nacional da formación acusou ao presidente da Xunta de Galicia de poñer en risco a actividade na ría apoiando estes dous proxectos, que cualificou de bombas ambientais. Ana Pontón criticou que se poñan os intereses de dous multinacionais por enriba, dixo, da xente do mar e do marisqueo.


















