19 persoas fórmanse no manexo de minipás e retroexcavadoras grazas á Mancomunidade do Salnés
Case unha vintena de alumnos aprenden a manexar minipás e retroexcavadoras grazas ao programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés. Ademais de formación en carretilla frontal, no programa tamén se inclúe o manexo da retráctil. Neste curso salienta tamén o incremento da presenza feminina, que acada xa o 33%.
O ‘Enoturismo a pedais’ da Ruta do Viño Rías Baixas, mellor iniciativa enoturística de...
A Ruta do Viño Rías Baixas segue sumando recoñecementos. Acaba de facerse con dous galardóns no marco da sétima edición dos Premios de Enoturismo das Rutas do Viño de España. O proxecto de Enoturismo a pedais foi recoñecido como a Mellor Iniciativa Enoturística. Ademais, as Adegas Fillaboa, da Subzona do Condado do Tea, foi considerada como o Mellor Rincón Enoturístico.
O sector da conserva chinesa interésase polo Salnés
Representantes do sector na China están a visitar a comarca, da Man da Mancomunidade, para coñecer a industria conserveira da ría de Arousa. Visitaron tres conserveiras, dúas adegas e outros puntos de interese turístico. A idea é afondar nesta relación para abrir liñas de mercado. Polo de pronto, ademais da elaboración dun memorando para marcar a folla de ruta desa colaboración, hoxe avanzaron que o organismo comarcal viaxará á China no mes de agosto de 2025 para seguir estreitando lazos.
A Ruta do Viño Rías Baixas celebra o Día Mundial do Enoturismo coa décima...
A cita vaise celebrar este domingo, pero xa non quedan prazas. En apenas unhas horas o evento esgotou o cento de entradas dispoñibles. A cata porá a proba os sentidos dos asistentes a través da degustación da degustación de distintos viños de Rías Baixas. Haberá tamén petiscos a base de conservas e música en directo.
Mergulladores da Garda Civil buscan no Umia un veciño de Meis de 48 anos
Amplo dispositivo de busca dun veciño de Meis de 48 anos. O varón leva desaparecido dende hai unha semana. O seu coche foi localizado na zona de Covas de Lobos, en Cambados, con roupa no seu interior. Nesta xornada sumouse a ese operativo de busca un equipo de mergulladores da Garda Civil. Polo de agora mantéñense abertas todas as hipóteses, mesmo que poida ser unha desaparición voluntaria.
A rapazada do IES Ramón Cabanillas de Cambados regueifa pola igualdade
A rapazada do IES Ramón Cabanillas participou nunha regueifa pola igualdade. Estivo encabezada pola regueifeira Lupe Blanco, unha das principais voces desta disciplina nestes momentos en Galicia. Trátase dunha iniciativa da Subdelegación do Goberno en Pontevedra con motivo do 25N.
Cambados prepara xa un segundo envío de produtos para os afectados pola DINA
A Policía Local de Cambados e Protección Civil traballan de xeito coordinado para xestionar todo o que a veciñanza está doando. Xa mandaron para alá o primeiro lote e esta mañá comezaron a preparar o segundo envío. Din estar sorprendidos pola gran cantidade de produtos que se está a doar, moi por riba das súas expectativas.
As Rías Baixas solidarízanse coa Comunidade Valenciana co envío de efectivos, maquinaria e alimentos
A axuda non deixa de chegar ás zonas afectadas pola DINA. Parte dese apoio ten acento galego. Sobre o terreo devastado pola gota fría traballan xa efectivos de emerxencias de Vilagarcía. Están achicando auga de garaxes, buscando vítimas e limpando rúas. Nas últimas horas sumáronse a estas tarefas tamén voluntarios de Protección Civil de Cambados.
Cambados dinamiza o seu comercio local cos Bonos de Outono
Zona Centro xa se prepara para unha nova edición dos Bonos de Outono. O concello colabora co colectivo de comerciantes, achegando 6.000 euros. Calquera persoa pode mercar por 20 euros un bono e recibirá 10 euros.
A rapazada do IES Ramón Cabanillas de Cambados entrevista a Mondra
Achegar a música tradicional galega á rapazada. Ese é o obxectivo dun proxecto que teñen en marcha no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Hoxe, por exemplo, recibiron no centro a Mondra, un dos grandes artistas do panorama musical galego nestes momentos, que tamén conquista aos máis novos coa súa fisión do tradicional coa electrónica. A rapazada do instituto foi a encargada de entrevistalo.

















