Meusviños volve a Meis cunha xornada máis e a implicación de 12 adegas do...
Meusviños volve a Meis do 18 ao 20 deste mes de outubro. Esta proposta vitivinícola acada a súa quinta edición cunha xornada máis e a implicación de doce adegas do municipio. Dentro da programación inclúese unha cata ameteur, distintas propostas musicais e tamén showcooking, este ano protagonizados por cociñeiros emerxentes de Meis.
O saxofonista francés Arnaud Desprez, cabeza de cartel do Festival de Jazz da Armenteira
O saxofonista francés Arnaud Desprez é un dos pratos fortes da edición deste ano do Festival de Jazz da Armenteira, no Concello de Meis. Vaise celebrar entre o venres día 12 e o domingo 14. Ademais deste artista francés, pola Armenteira pasarán outros moitos ao longo dos tres días de festival. Entre as propostas deste ano: Diego Nogueira Trío, Tornado Jazz Ensemble, Sizixia Quartet e Brass Atlantic.
Un condutor en sentido contrario provoca un accidente na Autovía do Salnés e deixa...
Unha muller falecida e dous feridos de gravidade nun accidente rexistrado esta mañá na autovía do Salnés, á altura do concello de Meis. Todo apunta a que o sinistro foi provocado por un turismo que circulaba en dirección contraria. A colisión foi frontal entre dous vehículos, moi preto da saída do Mosteiro, nos carrís en sentido Pontevedra.
Guadi Galego e os tradicionais callos, pratos fortes das festas do San Bieito de...
Meis ten todo listo para as súas festas do San Bieito. Guadi Galego será un dos pratos fortes da proposta musical, xunto con orquestras como Os Satélites ou a Marbella. Na parte gastronómica, os callos serán un ano máis os protagonistas absolutos destes festexos, coa XXXII edición da súa festa o 14 de xullo. Ademais, haberá distintas actividades paralelas, como o torneo interparroquial de fútbol ou a xa clásica BTT dos callos.
Meis volve amosar a súa cara máis solidaria nun Solifesti a prol da AECC...
A sexta edición do Solifesti deixa moi bo sabor de boca en Meis. Ducias de persoas achegáronse ata este festival solidario que impulsa o CPI do Mosteiro. Este ano todo o recadado foi para a Asociación Española contra o Cancro e o propio bando de alimentos da localidade.
Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...
O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.
O Concello de Meis renova o seu apoio ao festival Armenteira Jazz
O Concello de Meis seguirá apostando polo festival de jazz da Armenteira.
Esta mañá, a alcaldesa da localidade renovou o convenio de colaboración coa Asociación Terras Altas do Salnés, entidade organizadora desta cita musical. En virtude desta colaboración, o concello concede para o festival unha axuda de 3.000 euros.
15 concellos do PSOE agardan pola súa primeira xuntanza co presidente da Deputación de...
PONTEVEDRA> Alcaldes socialistas da provincia de Pontevedra denuncian que o novo presidente provincial non os recibe na Deputación. Son ata 15 alcaldes que soliciron...
O CAAN da Armenteira xestinonou 170 adopcións de animais abandonados no que vai de...
MEIS> Visita de Alfonso Rueda ao CAAN, o centro de acollida e protección de animais situado en Meis, xunto coa conselleira de Medio Ambiente...
Meis pon a punto un dos principais accesos da ruta da Pedra e a...
MEIS> Meis pon a punto un dos principais accesos da ruta da Pedra e a Auga. Na zona de Gondarei de Abaixo acaban de...


















