Cambados dinamiza o seu comercio local cos Bonos de Outono
Zona Centro xa se prepara para unha nova edición dos Bonos de Outono. O concello colabora co colectivo de comerciantes, achegando 6.000 euros. Calquera persoa pode mercar por 20 euros un bono e recibirá 10 euros.
Internacionalización e desestacionalización, obxectivos do novo plan turístico do Salnés
A Mancomunidade do Salnés lanza a súa estratexia turística para os vindeiros catro anos. O plan márcase como obxectivo a internacionalización e desestacionalización do sector. Esta mañá tivo lugar a súa presentación en Ribadumia, nun acto no que o organismo comarcal estivo arroupado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta. Neste sentido, destacaron o aliñamento de todas as administracións á hora de deseña-la folla de ruta do turismo do futuro.
O Sergas devólvelle ao Concello de Meis as chaves do consultorio de Paradela
MEIS> O Sergas devólvelle ao Concello de Meis as chaves do consultorio de Paradela. O local, de titularidade municipal, leva sen uso dende a...
Un cento de adegas e unha ampla programación musical paralela na edición máis ambiciosa...
Viños, gastronomía e agora tamén moita música. Esa é a carta de presentación da sétima edición de Castes, a feira independente do viño que acollerá Vilagarcía entre o 22 e o 24 de novembro. A cita segue expandíndose, coa participación de máis dun cento de adegas nacionais e internacionais. Na programación paralela salienta o nacemento desa nova proposta musical paralela, coas actuacións xa confirmadas de Depedro, Belako, Catuxa Salom ou The Agapornis.
FALEMOS! o programa de entrevistas de Canal Rías Baixas
Falemos, seguindo a actualidade da nosa contorna.
O PP tumba no Parlamento a iniciativa lexislativa popular en defensa da pesca e...
O Parlamento Galego bota abaixo a iniciativa lexislativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras. A proposta debateuse esta mañá en Santiago. Pero o Partido Popular impediu que se admitise a trámite, votando en contra. Si apoiaron o texto o BNG e o PSdeG.
Chamamento á comunidade educativa de Arousa a participar na manifestación deste sábado contra os...
Representantes da comunidade educativa de toda a nosa contorna fan un chamamento a participar este sábado na manifestación contra os recortes en educación. Convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, denuncian numerosas eivas en tódolos niveis, dende infantil ata secundaria. Din que estamos ante un dos inicios de curso con máis deficiencias dos últimos anos e que mostra diso é a gran cantidade de protestas que se están a celebrar en distintos centro de toda Galicia, tamén na nosa contorna.
Meus Viños consolídase en Meis como un referente para a promoción do sector vitivinícola
Meis converteuse esta fin de semana en punto de encontro para os amantes do viño. O municipio acolleu a quinta edición de Meus Viños, cunha gran afluencia de público. Polos stands instalados no Mosteiro pasaron ao longo dos tres días do evento centos e centos de persoas, atraídas polos viños, pero tamén polo resto de actividades programadas, con showcooking ou propostas musicais para todos os gustos. No concello falan xa dun proxecto máis que consolidado.
Ambientazo en Meis grazas á feira MEUS VIÑOS
Ambientazo na feria de outono dos viños de Meis.
Inaugurada a Feira MEUS VIÑOS
MEIS convídate a desfrutar dunha fin de semana chea de actividades e diversión na quinta edición da súa feira MEUS VIÑOS.

















