Un destrutor de sarabia ou traballos con IA: as novas tecnoloxías póñense ao servizo...

As principais innovacións do sector vitivinícola danse cita estes días en Vilagarcía na feira Vintec. As novas tecnoloxías póñense ao servizo das adegas na procura dunha maior eficiencia e sostibilidade. Entre os máis de 150 expositores que compoñen o salón podemos atopar incluso novas ferramentas con intelixencia artificial ou incluso un sistema que permite protexer os viñedos das sarabiadas.

Vintec, o primeiro salón vitivinícola de Galicia, exhibe en Vilagarcía as innovacións do sector

Este mércores abriu en Vilagarcía Vintec, o primeiro salón de maquinaria e equipamento para o sector vitivinícola de Galicia. A feira abarca todos os servizos precisos para a produción, recolección, elaboración e distribución do viño. No recinto de Fexdega danse cita ata este venres máis de 150 expositores coas principais novidades para o sector, poñendo o foco na innovación e na sostibilidade.

Os expertos recomendan retrasar os traballos de poda ata que se instale no Salnés...

Os  viñedos de Rías Baixas agardan a chegada do frío. Moitos viticultores comezaron xa a campaña de podas, aínda que case non comezou a caída da folla. Os expertos recomendan agardar un chisco máis para facer estes traballos. A falta de tempo outonal leva a moitos pequenos viticultores a tomar a decisión de iniciar xa estas tarefas para que non se lles bote o tempo enriba.

Meis presume de viños e tradición vitivinícola nas xornadas Meusviños

Meis despide unha completa edición de Meusviños. As xornadas de autopromoción vitivinícola do municipio volveron contar co apoio do público, que encheu a feira durante esta fin de semana. 15 adegas asentadas no concello participaron neste sétima edición, na que tampouco faltaron outras actividades arredor do viño e a gastronomía.

O ‘batchcooking’ con peixe das rías chega á praza de abastos de Vilagarcía

A praza de abastos de Vilagarcía acolle entre este luns e martes un obradoiro de batchcooking, dito doutro xeito, preparar varios menús dunha atacada para varios días para aforrar tempo na cociña. Pero o obxectivo desta iniciativa vai máis alá, porque o que pretende é incorporar á nosa dieta máis peixe, achegando ao público receitas e técnicas sinxelas para que non se perda nin o seu sabor nin ningunha das súas propiedades.

Profesionais nacionais e internacionais danse cita en Sanxenxo nun congreso sobre o potencial do...

Sanxenxo acolle entre este xoves e venres un Congreso Internacional de Pesca e Turismo. Organizado polos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, o foro aborda cuestións clave como o turismo mariñeiro sostible, a diversificación da pesca artesanal e a valorización dos produtos do mar. No encontro, inaugurado pola conselleira do Mar, están a participar diversos expertos nacionais e internacionais.

O mercado das flores de Cambados parte en dous: a maioría dos postos marchan...

Cambados contará este ano por defuntos con dous mercados de flores. O concello cedeu á Asociación de Floristas do municipio a organización deste evento, que pasa de Fefiñáns á contorna da praza de Abastos con só oito postos. Unha decisión que deixa fóra unha vintena de vendedoras, que viñan participando nesta cita. A Asociación de Floristas considera que eses postos son un claro caso de intrusismo laboral. Pero as vendedoras deféndense amparándose na normativa, apuntando que teñen dereito a participar. Tomaron a decisión de montar un mercado propio nunha nave de Castrelo, anunciando prezos máis competitivos.

A Policía Local de Cambados incorpora dous novos axentes

Cambados reforza o cadro de persoal da Policía Local. Este luns incorporáronse ao corpo dous novos axentes. Os dous estiveron este verán facendo as súas prácticas na vila do Albariño. Coa súa chegada o corpo dispón nestes momentos de 14 axentes. Ademais, o obxectivo do concello é cubrir en breve unha nova praza que quedará vacante tras a xubilación doutro policía. Nestes momentos, o corpo conta con 14 axentes.

Medio cento de persoas realizarán as etapas marítimas da Traslatio en kaiak no marco...

Recrear a Traslatio facendo dúas das tres etapas en kaiak polo río Ulla. É a proposta do Camiño que flúe – Camiño Azul Xacobeo 2026, unha iniciativa impulsada pola empresa Piragüilla. Medio cento de persoas arrancarán mañá esta actividade. Sairán dende Vilanova ata Bamio, en Vilagarcía. O sábado 17 continuarán en kaiak ata Pontecesures para o domingo 18 facer o percorrido a pé ata Santiago de Compostela. Unha proposta diferente para seguir promocionando o Camiño de Santiago por mar.

‘Adestrar sen pantallas’, o deporte como base para previr as adicións aos móbiles

Nace ‘Adestrar sen pantallas’. Trátase dunha nova experiencia da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca promover o uso saudable da tecnoloxía entre a mocidade. O obxectivo é previr posibles adicións vinculadas á internet, aos móbiles, ás redes sociais ou ás apostas. O programa vaise desenvolver en tres localidades da nosa contorna: Vilagarcía, Cambados e Ribeira. En cada municipio, a fundación conta coa complicidade de clubes deportivos e dos seus adestradores, encargados de promover dende o deporte un uso máis responsable das novas tecnoloxías.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete