Ofensiva institucional do BNG para que Sanxenxo e O Grove conten cunha ambulancia medicalizada...
Un verán máis a ambulancia medicalizada con base no hospital do Salnés trasladarase a Sanxenxo. O BNG volve cargar contra esta medida que, consideran, pon en risco a saúde da veciñanza de boa parte da comarca. Advirten que con este cambio de localización, os tempos de resposta multiplícanse, afectando en especial a municipios como Vilagarcía, Catoira, Cambados ou A Illa. Piden que o hospital manteña a ambulancia e que se dote a Sanxenxo e O Grove dunha segunda unidade medicalizada.
Sanxenxo celebra a súa Primeira Gala de Turismo
O pazo de Quintáns acolleu a primeira Gala de Turismo de Sanxenxo
Sanxenxo recoñece o compromiso do sector coa calidade e a sostibilidade na primeira Gala...
O pazo de Quintáns acolleu o acto na que 55 establecementos e entidades recolleron o seu distintivo Sicted. Na gala tamén se fixo entrega dos premios da décimo quinta edición do Degusta Tapas cos que, por vez primeira, se distinguiron os establecementos e petiscos gañadores.
A Mancomunidade presenta DTI O Salnés, a súa aposta por liderar a transformación do...
A Mancomunidade do Salnés, disposta a liderar a transformación do turismo intelixente. O ente presentou esta mañá o proxecto DTI, unha iniciativa financiada con máis de 1,18 millóns de euros de fondos europeos. O obxectivo é crear un espazo de datos compartidos para coñecer o comportamento dos visitantes, mellorar a súa experiencia diversificando a oferta e distribuíndo os fluxos e xestionar de xeito sustentable recursos estratéxicos como a auga.
Morre un home en Cambados tras ser ferido de bala por un policía nun...
Ocorreu nunha vivenda de Corbillón contra as 6 e media da mañá deste martes. Sucedeu no marco dun operativo antidroga levado a cabo dende primeira hora en varios puntos do Salnés. Leváronse a cabo unha vintena de rexistros en Vilanova, Cambados, Ribadumia e Vilagarcía, que deixarían unha ducia de detidos. Esta operación continúa en marcha ao tempo que se abriu unha investigación para aclarar as causas do tiroteo mortal de Cambados. A familia nega que o varón tiverse relación co narcotráfico e asegura que estaba desarmado.
9.453 sinaturas reclamando un centro de día e residencia para o alumnado do CEE...
A ANPA do Centro de Educación Especial de Vilagarcía entrega máis de 9.000 sinaturas reclamando un centro de día e unha residencia. Inician deste xeito o camiño para chegar ata a Consellería de Política Social para lograr ese obxectivo. As familias explican que O Salnés necesita estes servizos, pensando nos agora nenos que no futuro serán adultos. Explican que precisan dun lugar onde poder seguir desenvolvendo a súa vida.
Aparcar todo o día na praia de Area da Secada, na Illa, custará 4,5...
A ILLA> Este luns entrou en vigor a nova zona azul na praia de Area da Secada, na Illa de Arousa. O concello toma...
A Ruada das Gotas, prato forte do mes da diversidade en Ribadumia
Xa está en marcha o mes da diversidade en Ribadumia. O acto central da programación terá lugar na fin de semana do 20 e 21 de xuño coa Ruada das Gotas. Trátase dun evento que acada xa a súa oitava edición e que non deixa de medrar. Co obxectivo de reivindicar a diversidade LGTBIQ+ dende o rural, a organización preparou multitude de actos que buscan sensibilizar e darlle visibilidade á diversidade afectiva e sexual. Na parte musical salientan actuación como a de Sheila Patricia, O Xoán ou El Nido, entre outras propostas. Este ano, ademais, será unha edición moi especial para Canal Rías Baixas.
Meaño vivirá unha edición moi especial da súa Festa do Viño polo seu 25...
O evento celebra este ano os seus 25 anos, convertido nun referente para a promoción das adegas da zona e os seus produtos. Celebrarase os días 17, 18 e 19 de xullo. Nesta edición participarán 22 adegas. Inclúe distintas actuacións musicais, entre elas, a da orquestra Panorama. O comunicador Carlos Sobera será o encargado de dar o pregón.
A Xunta lanzará este ano a nova estratexia galega contra o desperdicio alimentario
A Xunta porá en marcha antes de que remate este ano a nova estratexia de prevención contra o desperdicio alimentario. A iniciativa incluirá un manifesto contra o desperdicio ao que poderán adherirse empresas, que contarán cun selo de garantía. Unha das que optan a facerse con este distintivo é Kiwi Atlántico. A empresa asentada en Ribadumia está a desenvolver un proxecto para o aproveitamento de produtos coa súa transformación en snakcs saudables.
















