Sanxenxo cede unha parcela en Noalla para que Xunta constrúa 25 vivendas públicas

A Xunta construirá 25 vivendas de promoción pública en Sanxenxo. O Concello vai ceder ao goberno galego unha parcela de máis de 2.000 metros cadrados nunha zona de Noalla onde se está a levar a cabo un desenvolvemento urbanístico. Hoxe a conselleira de Vivenda confirmou a viabilidade urbanística do terreo. O obxectivo é licitar a construción das vivendas no ano 2026.

‘Almorzos saudables’ co alumnado do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia e mexillóns galegos

rrancan os 'Almorzos saudables' en Sanxenxo. O alumnado de 6º de primaria do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia foi o primeiro grupo en participar nesta iniciativa impulsada polo Obradoiro de Hostalería do Salnés. O obxectivo é que a rapazada vaia tomando conciencia da importancia de adquirir bos hábitos alimenticios, comezando polo almorzo, que é a comida máis importante do día.

Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas

Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.

O sector turístico do Salnés, cun ollo posto no ceo nesta ponte da Semana...

Semana Santa pasada por auga nas Rías Baixas. O sector turístico mira con preocupación o ceo ante as posibles cancelacións. En Sanxenxo agardaban superar unha ocupación 70%, algo pouco probable tendo en conta que na Semana Santa as reservas de última hora son fundamentais. Neste concello, 7 de cada 10 establecementos aproveitan esta ponte para arrancar a temporada.

Telmo Martín defende que a reforma do miradoiro da Peixeira converte a zona nun...

Sanxenxo ultima o reacondicionamento do miradoiro da Peixeira e o acceso ao Campo de San Roque, en Portonovo. Trátase dun proxecto que permitiu crear máis espazo para os peóns ao tempo que se recupera o borde costeiro. Unha actuación que rolda o millón de euros, do que a Deputación achega o 80% e o Concello, o 20%. Esta fin de semana visitaron a zona o presidente provincial e o alcalde.

Un grupo de xubilados quere impulsar a primeira residencia de anciáns do Salnés en...

Un grupo de xubilados do Salnés crea a asociación Sabia Vella. O colectivo nace coa intención de promover a primeira residencia de maiores da comarca en réxime de cooperativa. Un modelo, explican, que funciona xa noutros puntos do Estado. Xa están a estudar a compra dun hotel para transformalo neste novo centro. Fan un chamamento ás administracións para conseguir que este proxecto se faga realidade.

O Círculo Deportivo impulsa unhas xornadas de convivencia para os migrantes que acolle ...

Sanxenxo segue dando pasos a prol da inclusión dos migrantes que dende setembro residen no municipio. Desta volta é o Circulo Cultural Deportivo o que impulsa unhas xornadas de convivencia arredor do tenis e o pádel. Unha trintena destes mozos refuxiados entrarán en contacto con estes deportes nunha proposta que busca transmitirlles hábitos arredor da saúde e o benestar. Os participantes, que nunca xogaron a estes deportes, formaranse durante catro xornadas.

Chamamento para que as familias matriculen á rapazada na unitaria de Aios

A unitaria de Aios busca máis rapazada. A escola, situada no rural de Sanxenxo, conta con 13 pequenos. Cinco deles van marchar ao rematar este curso, polo que no centro fan un chamamento ás familias da zona para que matriculen aquí aos seus fillos e fillas.

Comezan as obras para converter o colexio do Cruceiro nun centro cívico e sede...

Comezan as obras de transformación do antigo colexio do Cruceiro, en Sanxenxo, nun espazo lúdico. Ademais, as instalacións tamén acollerán a parte práctica do ciclo de FP de Hostalaría e Restauración que se imparte no instituto de Vilalonga. O proxecto ten un orzamento de case tres millóns de euros, dos que case dous proveñen de fondos europeos. A reforma estará rematada dentro dun ano.

Sanxenxo estrea a primeira oficina de atención a inmigrantes do Salnés

O Salnés conta dende hoxe cunha oficina especializada en atención a inmigrantes. Está situada en Portonovo, grazas á colaboración do concello de Sanxenxo e a ONG Accem. É a mesma asociación que se encargou de atender aos dous grupos de refuxiados que acolleu o municipio. Este novo servizo abrirá un día ao mes, faciltando información laboral ou xurídica.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete