O Castro Alobre ‘sae do armario’ en defensa da tolerancia e o respecto

No instituto Castro Alobre de Vilagarcía organizaron hoxe unha saída do armario conxunta. A iniciativa busca visibilizar o colectivo LGTBIQ+, fomentando a tolerancia e o respecto entre o alumnado. Está impulsada polo Grupo de Diversidades afectivo sexuais do centro.

López e Varela poñen a reforma de Fontecarmoa como exemplo de cooperación entre administracións

A pista de atletismo de Fontecarmoa, en Vilagarcía, estrea nova iluminación. As obras nesta instalación deportiva encaran a súa recta final, coa mellora do tapiz que permitirá a esta pista acoller competicións oficiais. Esta mañá visitaron o espazo o alcalde da cidade e o presidente da Deputación de Pontevedra, que subliñaron a importancia da colaboración entre administracións.

O mellor da ría na nosa mesa co cociñeiro Xoanqui Ameixeiras

Na praza de abastos de Vilagarcía presumen unha vez máis da calidade do seu produto. Desta volta fano a través das xornadas 'O calendario da ría na túa mesa', unha proposta que serve para promocionar os peixes e mariscos de proximidade. O cociñeiro Xoanqui Ameixeiras protagonizou hoxe esta actividade, que continuará ao longo dos vindeiros meses.

17 anos entrando tarde e xantando ás présas no colexio de Rubiáns

As familias do colexio de Rubiáns están en pé de guerra polos horarios imposibles que teñen no centro. A rapazada entra contra as dez da mañá e, ao mediodía, case non teñen tempo para comer no comedor. Explican que o problema parte dos horarios do autobús escolar e que se solucionaría contando cun autobús máis. As nais e pais denuncian que levan case seis meses agardando por unha resposta da Xunta a un problema, lembran, que veñen sufrindo no centro dende hai 17 anos. Agora, puxeron en marcha xunto con Zona Aberta unha nova campaña para denunciar a súa situación.

Zona Aberta celebra unha ‘moi boa’ campaña de verán coa vista posta xa no...

Zona Aberta de Vilagarcía fai un balance moi positivo da campaña de verán. Dende o colectivo de comerciantes e hostaleiros explican que a tempada foi moi boa en canto a vendas. Aseguran que detectaron nos últimos meses un repunte de clientela que se achega aos seus establecementos, atraída pola oferta ampla e todos os servizos que ofrece a cidade. Agora, na entidade traballan xa coa vista posta na campaña de Nada.

Adeus Conde Vallellano, ola Clara Campoamor!

Clara Campoamor xa forma parte do rueiro de Vilagarcía. A cidade despediuse hoxe da rúa Conde Vallellano, ministro franquista, en cumprimento da Lei de Memoria Democrática. Este é o primeiro dos cambios previstos porque nos vindeiros meses tamén mudarán Xeneral Yagüe ou Almirante Fontán. Tamén se renovarán nos vindeiros meses todas as placas de rúas e parroquias do municipio.

O BNG márcase o tanto do xiro social e dos investimentos contemplados nos orzamentos...

Un día despois de asinar o acordo co PSdeG para a apoiar os orzamentos de Vilagarcía, o BNG defende que as súas achegas poñen as persoas no centro e definen o modelo de cidade. Aínda que lamentan que a aprobación das contas chega tarde, reivindican que son máis sociais e cun potente capítulo de investimentos no que o rural tamén vai estar moi presente.

O goberno de Vilagarcía sacará adiante os orzamentos apoiándose de novo no BNG

Acordo entre o goberno local de Vilagarcía e o BNG para sacar adiante os orzamentos municipais. O alcalde da cidade e o voceiro nacionalista asinaron esta mañá un acordo que lle permite aos socialistas sacar adiante no pleno deste xoves as contas, que ascenden a 39,4 millóns de euros. No documento asinado hoxe recóllese tamén un compromiso para sacar tamén adiante as contas de 2026 no primeiro trimestre do ano que vén.

Rubiáns converte a volta ao cole nunha feira de gando coa rapazada disfrazada de...

Comeza o curso escolar. Hoxe foi día de volta ás aulas para o alumnado de toda Galicia. Moitos nervios, algo de sono e, sobre todo, moitas ganas de reencontrarse coas amizadas neste primeiro día. Para as familias, xornada de volta á rutina, moi necesaria para conciliar o persoal co laboral. O CEIP de Rubiáns, en Vilagarcía, organizou neste arranque do curso unha feira. Coa rapazada disfrazada de animais de granxa, a actividade serviu para facer máis levadeiro este regreso ás clases.

Centos de persoas protestan en Vilagarcía e Pontevedra contra os incendios e a política...

Milleiros de persoas mobilizáronse onte en Galicia para protestar contra a vaga de lumes que está a arrasar principalmente a provincia de Ourense. Houbo concentracións en diferentes localidades do territorio. Entre elas, Vilagarcía e Pontevedra. Os centos de participantes criticaron tamén a política forestal da Xunta de Galicia ao berro de ‘Lumes forestais nunca máis’.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete